Galicia
Melide cierra la exitosa gira del espectáculo ‘Os Bolechas van ás olimpíadas’ en el ‘Falaredes 2016’
El ayuntamiento coruñés de Melide cerrará la exitosa gira del espectáculo ‘Os Bolechas van ás Olimpíadas’ en el ‘FalaRedes’, promovido desde la Secretaría General de Política Lingüística de la Consejería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria.
Fuente: Xunta de Galicia
Xa está dispoñible a aplicación do servizo de tradución da Xunta Gaio

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística veñen de publicar a aplicación do sistema de tradución Gaio. A app, dispoñible para os sistemas operativos IOS e Android, traslada aos dispositivos móbiles as funcionalidades de Gaio, un servizo de tradución interna da Administración autonómica que a Xunta puxo a disposición da cidadanía en setembro de 2015.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa no acto de sinatura da Carta de Consumo Responsable e Solidario
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Hostal dos Reis Católicos no acto de sinatura da Carta de Consumo Responsable e Solidario coas Marcas que Etiquetan en Lingua Galega de catorce empresas e mais dos concellos de Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Lugo, Ferrol e Oroso.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Segundo un estudo, os falantes bilingües en galego e castelán adaptan o seu estilo en conversacións conflitivas
Un estudo realizado polo investigador da Universidade de Vigo Jorge Diz Ferreira achega diversas conclusións sobre as interaccións entre falantes bilingües galego-castelán.
Fonte: Galicia Confidencial
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciará en Europa a negación de axudas a concellos por presentar documentos en galego
Esta queixa vén motivada pola denegación aos concellos de Teo, Compostela e Santa Comba dunha axuda do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo por presentar en galego algún dos informes achegados na petición.
Fonte: Sermos Galiza
O Concello de Santiago pon en marcha un programa para que as nenas e os nenos se socialicen en galego
O obxectivo do programa "Despois de merendar… a rúa é nosa!" é que os cativos xoguen libremente nas rúas empregando o galego.
‘Contos vellos para rapaces novos’ homenaxeará a Neira Vilas en 24 concellos da Rede de Dinamización
A actividade de dinamización lingüística 'Contos vellos para rapaces novos' homenaxeará a Xosé Neira Vilas en 24 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta no marco do novo programa 'Galicia culturea. Lingua e cultura no verán'.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Soamente unha ducia das case 500 teses de doutoramento da Universidade de Vigo foron publicadas en galego

Estes datos correspóndense ao ano 2015, no que unha ducia de teses de doutoramento foron publicadas en galego. Os autores destas teses coinciden en que a razón principal do idioma foi a coherencia, compromiso coa lingua e a cultura galega, e o convencemento de que o galego é tan válido como calquera outra lingua.
Fonte: Universidade de Vigo
‘O Galego campa’ chegará en agosto a seis novos campamentos de verán da Xunta de Galicia
O programa de dinamización lingüística 'O galego campa!’ para promover a actividade en lingua galega nos campamentos de verán da Xunta de Galicia continuará a súa andaina en Bergondo, Ribadeo, Palas de Rei, Muíños, Vilanova de Arousa e Manzaneda.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
‘Falaredes’ levou versos, risas, bailes e cancións a milleiros de familias no primeiro semestre do ano

O programa tivo éxito de público nos catro espectáculos programados no primeiro semestre do ano, que percorreron ducias de concellos nas catro provincias galegas sumando case oitenta funcións.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín