Galicia

Valentín García presenta en Lugo a X edición do Certame Condado de Pallares

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Lugo no acto de presentación da X edición do Certame Condado de Pallares, unha iniciativa coa que a Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares promove a investigación humanística en galego.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Profesores da Universidade de Santiago de Compostela publican a versión en galego da nomenclatura en química orgánica

As normas oficiais da International Union of Pure and Applied Chemistry (IUPAC) xa teñen unha versión en galego. Trátase dunha guía breve de esquemas das regras de nomenclatura esenciais para elaborar nomes e fórmulas de compostos inorgánicos, de compostos de coordinación e de compostos organometálicos.

Fonte: Galicia Confidencial

A RAG actualiza o seu dicionario para facelo máis politicamente correcto respecto ás persoas con síndrome de Down

A Real Academia Galega (RAG) eliminou o termo mongolismo do seu dicionario e limitou as acepcións do termo mongólico co obxectivo de convertelo nunha ferramenta máis politicamente correcta coas persoas con síndrome de Down.

Fonte: Praza Pública

Valentín García anuncia a apertura dos novos centros de estudos galegos de Zürich e Tokio

A Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia sumará dous novos a partir do vindeiro curso académico, en virtude das novas incorporacións dos centros adscritos a ela en Zürich (en colaboración coa Universidade de Zürich) e en Tokio (en colaboración co Instituto Cervantes). Deste xeito, a Xunta de Galicia contará cun total de 37 centros de ensino e aprendizaxe da lingua, literatura e cultura galegas en todo o mundo.

Fonte: Xunta de Galicia

Román Rodríguez loa a contribución dos premios "Peña Novo" ao reforzo da conciencia de galeguidade

O castelo de Soutomaior foi o escenario da entrega dos premios "Lois Peña Novo", uns galardóns xa consolidados ao longo dos seus vinte e dous anos de historia e que seguen fieis ás súas orixes de promover e modernizar a lingua galega. Na edición deste ano, os premiados foron os profesores Francisco Díaz-Fierros e Xosé Manuel Cid Fernández e o Concello de Brión.

Fonte: Xunta de Galicia

Valentín García participa no acto de investidura dos novos xuíces honorarios do Couto Mixto

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de investidura da Asociación Galego-Portuguesa de Educación pola Paz, da Eurocidade Tui-Valença e do dúo musical 2naFronteira como novos xuíces honorarios do Couto Mixto.

Fonte: Xunta de Galicia

Comeza en Santiago a XXIX edición dos cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”

A XXIX edición dos cursos de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras", organizados pola Real Academia Galega (RAG) coa colaboración do Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña, dá a benvida a alumnos e alumnas dun total de 17 países.

Fonte: Real Academia Galega

A CTNL demanda melloras na convocatoria de cursos preparatorios para os Celga

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) dirixiuse á Secretaría Xeral de Política Lingüística para demandar melloras na convocatoria dos cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga.

Fonte: CTNL

Valentín García presenta en Carballo o primeiro Plan de dinamización do galego no tecido económico

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en Carballo o Plan de dinamización no tecido económico 2015-2020 no marco do "XII Curso de verán sobre dinamización lingüística".

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García participa na inaguración en Santiago da mostra 'Saúde e Terra, irmá(n)s'

A Consellería de Cultura e Educación, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou en San Domingos de Bonaval, sede do Museo do Pobo Galego, no acto inaugural da exposición conmemorativa do centenario das Irmandades da Fala “Saúde e Terra, irmá(n)s”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder