Galicia
A Fundación Xosé Neira Vilas presenta 'Galicia, nosa ledicia', obra póstuma do crucense máis universal
A Fundación Xosé Neira Vilas presentou na súa sede, en Gres, Galicia, nosa ledicia, obra póstuma do escritor e académico da lingua galega falecido en novembro de 2015. Trátase dun fermoso álbum con versos da súa autoría e ilustracións de Dani Viéitez e Iria Iglesias, que dá ao prelo a ferrolá Edicións Embora, no que o autor repasa a historia de Galicia nun formato totalmente visual e pedagóxico, con palabras pensadas para achegarlla, sobre todo, á xente miúda.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Teo aproba unha ordenanza para o impulso social do galego no municipio
O Concello de Teo aprobou a ordenanza para o impulso social da lingua galega, baixo a cal se regula o uso do galego e os labores lingüísticos do concello na atención ao público.
Fonte: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
Valentín García participa na presentación do disco ‘Alá onde agroman as herbas’ da autora Sofía Espiñeira
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no concello coruñés de Teo na rolda de prensa de presentación do disco ‘Alá onde agroman as herbas’, co que Sofía Espiñeira se fixo co premio da segunda edición do Certame de Canción de Autor en Galego que convoca este concello.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García entrega os IV Premios Ensaio Subversivo e Banda Deseñada 'AX1'
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega de premios das cuartas edicións dos certames Ensaio Subversivo ‘Guillermo Domíguez’ e Banda Deseñada ‘AX1’, que promoven o Colectivo Xelmírez e o profesorado do IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa na apertura do congreso 'Guerras e conflitos sociais de onte e de hoxe. Literatura e arte'
Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, participou no Pazo de San Roque, sede do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), na apertura do congreso 'Guerras e conflitos sociais de onte e de hoxe. Literatura e arte', organizado polo CRPIH e polo Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O conselleiro de Cultura e Educación participou na entrega dos premios a curtas de animación en galego 'Nós tamén creamos!'

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na entrega dos premios da quinta edición do certame ‘Nós tamén creamos!’, impulsado polo seu departamento para galardoar curtas de animación en galego elaboradas por alumnado de infantil e de primaria coa técnica stop-motion.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa en Vila de Cruces na presentación de dúas obras que abordan a historia do volframio en Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este serán no acto de presentación das obras "Volframio, música e profecías" e "O volframio en Varilongo. Santa Comba de Xallas (1941-1963)", dos escritores Marcelino Salgueiro e Carmen Blanco, respectivamente.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Román Rodríguez destaca que o disco 'Son galego, son cubano' narra a emigración a través dun dos persoeiros que mellor a coñeceu
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, destacou que o disco 'Son galego, son cubano' narra a emigración "a través dun dos persoeiros que mellor a coñeceu: Neira Vilas". Así o subliñou con motivo da presentación do proxecto ideado polo músico Roi Casal e polo finado escritor galego, no que tamén participaron recoñecidos persoeiros do mundo da cultura cubana, coma o compositor Pablo Milanés, a cantante Laritza Bacallao e a cineasta Natasha Vázquez.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Verín, Vilalba, Viana do Bolo, O Pereiro de Aguiar, Celanova e Burela acollen esta fin de semana as actividades do ‘FalaRedes’
A Consellería de Cultura e Educación leva ata os municipios de Verín, Vilalba, Viana do Bolo, O Pereiro de Aguiar, Celanova e Burela as propostas de dinamización lingüística do programa 'FalaRedes', que a Secretaría Xeral de Política Lingüística lles destina ás entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística presenta o ciclo de debate 'No tempo das irmandades: fala, escrita e prelos'
Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, presentou na sede da Real Academia Galega (RAG) na Coruña o ciclo de debate “No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín