Galicia

Valentín García asiste á entrega dos premios Pedrón de Ouro e de Honra

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao acto de entrega dos premios Pedrón de Ouro e de Honra ao Coro Galego Cántigas da Terra da Coruña e á filóloga Carmen Mejía.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A exposición 'Manuel María: loita e poesía' da Biblioteca de Galicia propón un percorrido pola vida e pola obra do poeta lucense

Os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, visitaron a exposición 'Manuel María: loita e poesía'.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Preséntase na Universidade de Vigo a primeira tese española sobre interpretación de lingua de signos

O autor da tese, Rayco González, considera fundamental que se traslade a formación dos e das intérpretes de lingua de signos ao ámbito universitario.

Fonte: Universidade de Vigo

A Universidade de Santiago acolle a presentación do Protocolo de garantía de dereitos lingüísticos

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolle o acto de presentación en Galicia do Protocolo internacional de garantía de dereitos lingüísticos, un documento elaborado no marco de "Donostia 2016". O acto está organizado pola propia USC e pola Mesa pola Normalización Lingüística.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Premio Torrente Ballester terá por vez primeira unha categoría específica en lingua galega

A Deputación da Coruña, que é quen convoca o Torrente Ballester, introduciu como novidade nesta edición un premio específico en lingua galega cuxa dotación é de 25 000 euros.

Fonte: Cadena Ser

A quinta edición de "Somos a curta!" premiará a mellor curta de comedia en lingua galega

O Certame de curtas de comedia da Facultade de Ciencias da Comunicación, que conta coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da USC, entregará dous galardóns de 450 e 250 euros respectivamente.

Fonte: Xornal da USC

Preséntase un volume coa tradución ao galego de dous tratados de Ovidio

O libro Arte de amar. Remedios do amor de Ovidio inclúe dous tratados traducidos ao galego deste autor latino.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Consellería de Cultura e Educación presenta na Coruña o V Festival Arte pola Igualdade

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou na Coruña o V Festival Arte pola Igualdade, que acollerá o Teatro Colón o vindeiro luns 30 de maio.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Laracha, Gondomar, Vilagarcía de Arousa, Cuntis, A Rúa e Betanzos acollen esta fin de semana as actividades do 'FalaRedes'

A Consellería de Cultura e Educación leva esta fin de semana aos concellos da Laracha, Gondomar, Vilagarcía de Arousa, Cuntis, A Rúa e Betanzos as propostas de dinamización lingüística do programa FalaRedes.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Lugo formará parte do proxecto de dinamización lingüística Apego

O pleno do Concello de Lugo aprobou por unanimidade a proposta para integrarse no proxecto Apego, unha iniciativa de fomento do uso do galego da que xa forman parte 34 municipios.

Fonte: El Progreso

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder