Galicia
Boiro, O Rosal, Ordes, Caldas de Reis e Val do Dubra son as paradas do 'FalaRedes' de Cultura e Educación nesta fin de semana
A Consellería de Cultura e Educación leva aos concellos de Boiro, O Rosal, Ordes, Caldas de Reis e Val do Dubra as propostas de dinamización lingüística do programa 'FalaRedes', que a Secretaría Xeral de Política Lingüística lles destina ás entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística participa en Vigo no acto conmemorativo da Galeguidade Empresarial
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Vigo no acto programado polo Foro Enrique Peinador para conmemorar o Día da Galeguidade Empresarial, que conta co apoio da Consellería de Cultura e Educación a través deste departamento.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta inaugura a exposición itinerante sobre Manuel María, no marco das celebracións do Día das Letras Galegas
O Goberno galego inaugura na Coruña a exposición itinerante sobre Manuel María, unha das actividades enmarcadas na programación do Día das Letras Galegas que este ano lle rende homenaxe ao autor chairego.
Fonte: Xunta de Galicia
Unha campaña tenta que os topónimos galegos castelanizados de Google Maps se substitúan pola forma oficial
Máis de 1000 sinaturas foron recollidas a través de Change.org para que os topónimos galegos aparezan escritos na súa forma oficial nos mapas de Google.
Fonte: Galicia Confidencial
Convócase unha nova edición do concurso en Twitter "Que se vexa! O galego"
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convoca en Twitter o concurso "Que se vexa! O galego" que ten como obxectivo visibilizar e reivindicar o uso do galego en todos os ámbitos.
Fonte: CTNL
Valentín García abre a II Xornada do Día das Letras Galegas organizada pola Consellería de Cultura e Educación
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, inaugurou na Casa-Museo Manuel María a “II Xornada do Día das Letras Galegas. Manuel María".
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Consellería de Cultura e Educación impulsa o uso do galego no ensino a través das axudas á edición de recursos didácticos
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria impulsa un ano máis o uso do galego no ensino por medio da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares e complementarios destes para os niveis non universitarios.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Consellería de Cultura e Educación dá a coñecer os proxectos máis innovadores na promoción da lingua galega
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixo pública, a través do Portal Educativo www.edu.xunta.es e do Portal da Lingua Galega www.lingua.gal, a resolución da convocatoria pola que se aproban as bases para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros de titularidade da Consellería.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Investigadores da Universidade de Vigo desenvolven Galnet, o maior dicionario multilingüe do galego

Investigadores do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo elaboraron esta ferramenta empregada por aplicacións informáticas como apoio no proceso de tradución.
Fonte: Universidade de Vigo
A III Carreira Camiño das Letras une a práctica do atletismo co simbolismo da Ruta Xacobea para celebrar o 17 de maio
A Carreira Camiño das Letras celebra este ano a súa terceira edición para conmemorar, a través da práctica deportiva e da posta en valor da ruta xacobea, as Letras Galegas, que a Real Academia Galega lle dedica en 2016 ao poeta Manuel María.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín