Galicia
'FalaRedes' desprega as súas actividades polos concellos da Rede de Dinamización Lingüística para festexar o 17 de maio
A Consellería de Cultura e Educación leva ata o 17 de maio aos concellos de Arzúa, Teo, Ribadavia, Boqueixón, Silleda, Vedra e Campo Lameiro as propostas de dinamización lingüística do programa 'FalaRedes'.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Entréganse os XXIII Premios de Publicidade en Galego
Os premios, convocados polo Consello Asesor de Radio Televisión Española en Galicia (RTVE-G) e a Corporación da Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), teñen tres modalidades diferentes: televisión, radio e internet.
Fonte: Finanzas
A concesión do Premio Otero Pedrayo a Arcadio López-Casanova recoñece a súa extensa traxectoria como escritor e investigador
O Goberno galego felicita a Arcadio López-Casanova polo Premio Otero Pedrayo 2015, un galardón co que se recoñece a valiosa contribución deste profesor, crítico literario e poeta lucense ao desenvolvemento da cultura galega e á difusión da súa lingua propia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Santiago de Compostela acolle a manifestación en defensa do galego do Día das Letras Galegas
A marcha, convocada pola plataforma Queremos Galego, serviu para reivindicar o legado de Manuel María e das Irmandades da Fala, así como o dereito a vivir en lingua galega.
Fonte: Galicia Confidencial
Mercedes Queixas afonda na figura e na obra de Manuel María, homenaxeado coas Letras Galegas 2016
A secretaria xeral de Medios, Mar Sánchez Sierra, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Diego Calvo, participaron no acto de presentación do libro Manuel María. Palabra viva de amor e afirmación.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística visita o Centro de Estudos Galegos de Salamanca
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou o Centro de Estudos Galegos da Universidade de Salamanca acompañado da subdirectora xeral de Política Lingüística, María A. Antón, para manter un encontro de coordinación cos seus responsables.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa en Valencia no I Seminario de Direccións Xerais de Política Lingüística
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Valencia no I Seminario de Direccións Xerais de Política Lingüística promovido pola Dirección Xeral de Política Lingüística e Xestión do Multilingüismo (DGPLGM) da Generalitat Valenciana no marco do congreso “Aposta polo Multilingüismo. 15 anos do Marco Europeo Común de Referencia e do Portfolio Europeo das Linguas”
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O CGAI conmemora as Letras Galegas cun ciclo cinematográfico dedicado a Manuel María e ao centenario das Irmandades da Fala
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conmemora o Día das Letras Galegas cunha programación especial dedicada tanto á figura de Manuel María, o autor homenaxeado este ano, como ao centenario da primeira asemblea das Irmandades da Fala.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Román Rodríguez dálle saída á III Carreira Camiño das Letras, que conmemora as Letras Galegas a través do deporte
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, deulle o pistoletazo de saída á III edición da Carreira Camiño das Letras, coa que se conmemora o Día das Letras Galegas a través do deporte e da posta en valor do Camiño de Santiago.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Cultura e Educación convida a todos os galegos a celebrar o Día das Letras cun espectáculo multimedia homenaxe a Manuel María
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra o Día das Letras Galegas no Gaiás cunha homenaxe cidadá a Manuel María a través dun espectáculo multimedia que inclúe lectura de poemas, música en directo, vídeo-creacións e ata un obradoiro de rap.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín