Galicia

Modesto Fraga recibe o XIX premio de poesía Concello de Carral pola súa obra ‘Devalar sen pel’

Modesto Fraga recibiu o premio do XIX Certame de Poesía Concello de Carral, pola súa obra Devalar sen pel, nun acto no que tamén se presentou a edición do poemario gañador na pasada edición de 2015, Soño e vértice, de Eva Veiga, publicado co apoio da Consellería de Cultura e Educación.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Remata a terceira edición do programa de dinamización lingüística Dragal

A terceira edición do programa dinamización lingüística Dragal, que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística a través dos equipos de dinamización da lingua galega, pechouse coa derradeira das actividades deseñadas para este curso académico: a entrega de diplomas de participación e o xogo de rol do “Encontro da Fraternidade”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Cultura e Educación e a Asociación da Prensa da Coruña presentan o libro "Antón Villar Ponte e as Irmandades da Fala"

A Asociación da Prensa da Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentan o libro Antón Villar Ponte e as Irmandades da Fala, unha obra que acaba de ver a luz co obxectivo de difundir a relevancia deste movemento histórico no desenvolvemento cultural de Galicia, así como o labor das persoas que o impulsaron.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación de Ourense convoca o certame Blanco Amor de novela longa que premia obras escritas en galego

A Deputación de Ourense asume desde este ano a organización deste galardón que premia novelas en galego e que chega á súa 35 edición.

Fonte: Faro de Vigo

O Concello de Santiago convoca un concurso que premia o uso do galego na comunicación comercial

Co obxectivo de fomentar o uso do galego na publicidade do tecido empresarial compostelán, o Concello convoca o VI Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A vixésimo segunda edición dos Premios Lois Peña Novo para o impulso do galego nas administracións xa ten gañadores

Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Xosé Manuel Cid Fernández e o Concello de Brión foron os galardoados pola súa utilización do galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O concello lugués de Vilalba acolle a mostra 'Manuel María. Beleza, amor e compromiso' do 1 ao 15 de xuño

A mostra itinerante 'Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004)' chega a Vilalba, outra das vilas emblemáticas da vida e da obra de Manuel María Fernández Teixeiro, o autor ao que Real Academia Galega lle rendeu tributo o 17 de maio.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Política Lingüística e a EGAP impulsan a formación en galego do funcionariado cunha convocatoria de cursos para 270 prazas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e máis a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convocan cinco novos cursos de formación en galego dirixidos a reforzar a capacitación lingüística do persoal ao servizo da Administración pública de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela organiza o I Concurso de teatro radiofónico

Este concurso de teatro radiofónico está destinado ao alumnado de 3º ciclo de primaria e da ESO. Haberá un premio á mellor dramatización radiofónica e un premio á calidade lingüística.

Fonte: SNL de Redondela

O Centro de Estudos Galegos de Salamanca renova o seu lectorado de lingua, literatura e cultura galegas

O Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal) fixo pública a convocatoria dunha nova praza de lector ou lectora de lingua, literatura e cultura galegas no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Salamanca.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder