Galicia

O Portal das Palabras presenta no encontro Hitzargiak, que se celebra en Hernani, as súas metodoloxías e tecnoloxías

O Portal das Palabras acode ao encontro Hitzargiak –linguas que se iluminan mutuamente– a presentar as metodoloxías e as tecnoloxías empregadas na súa web, no dicionario e nas aplicacións móbiles para que poidan servir de modelo e aproveitarse noutras realidades lingüísticas.

Fonte: Portal das Palabras

O ‘FalaRedes’ leva o espectáculo infantil ‘Os Bolechas van ás olimpíadas’ aos municipios de Viveiro e Fene

A Consellería de Cultura e Educación leva ata os municipios de Viveiro e Fene as propostas de dinamización lingüística do programa 'FalaRedes', que a Secretaría Xeral de Política Lingüística lle destina ás entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Cultura e Educación convoca nove novas prazas en proxectos de investigación do Ramón Piñeiro

O Diario Oficial de Galicia publicou a ORDE do 4 de xuño de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de nove bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) e se procede á súa convocatoria.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A afección do Deportivo quere que o nome do seu equipo estea en galego

Os Riazor Blues, a Federación de Peñas Deportivistas e o colectivo Old Faces lanzaron unha campaña demandando o uso do topónimo A Coruña no escudo do equipo. Están recollendo firmas para apoiar a súa solicitude.

Fonte: Sermos Galiza

A Xunta renovará o web oficial de toponimia para a normalización, xeolocalización e difusión da toponimia galega

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou un adianto do novo portal oficial de Toponimia de Galicia (toponimia.xunta.gal), un web que será actualizado baixo a colaboración de diversos organismos para a renovación desta ferramenta e para a publicación dunha nova edición do Nomenclátor da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación e mais Repsol renovan a súa colaboración e convocan o Premio de Narrativa Breve 2016

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais a Fundación Repsol renovaron a súa colaboración para convocar unha nova edición do Premio de Narrativa Breve Repsol dirixido a escritores en lingua galega para o ano 2016.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta e Feiraco entregan os premios de microrrelatos Letras Galegas 2016, que promoven a dinamización social do idioma

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na entrega de premios que outorga Feiraco, en colaboración coa Consellería, con motivo da quinta edición do concurso de microrrelatos Letras Galegas 2016.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo convoca diversos cursos de formación en lingua galega

Estes cursos tratarán diversos ámbitos da expresión escrita e oral en galego, dende a linguaxe administrativa á sanitaria e prestando especial atención ao uso do galego na investigación e a ciencia.

Fonte: Universidade de Vigo

Valentín García entrega os premios do X Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas

Estes premios son unha iniciativa da Fundación do polígrafo e galeguista que, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, busca favorecer o achegamento dos escolares ao patrimonio cultural e lingüístico galego.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Os Bolechas chegan a Noia e a Forcarei da man do ‘Falaredes’ de Cultura e Educación

A Consellería de Cultura e Educación levará ata os concellos de Noia e Forcarei as propostas de dinamización lingüística do programa 'FalaRedes', que a Secretaría Xeral de Política Lingüística destina ás entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder