Galicia

Actualízase o Portal das Palabras con novas funcionalidades

O Portal das Palabras é unha iniciativa conxunta da Real Academia Galega e da Fundación Barrié para a difusión da lingua galega no ámbito tecnolóxico. Recentemente incorporaron novas funcionalidades e versións das súas aplicacións móbiles.

Fonte: Real Academia Galega

A exposición das Letras Galegas 2016 chega á capital de Galicia para difundir a figura e a obra de Manuel María

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal convida a se achegar á figura e á obra do escritor homenaxeado coas Letras Galegas 2016 a través da exposición itinerante ‘Manuel María. Beleza, amor e compromiso’, que se pode visitar na capital galega.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García clausura o congreso internacional 'Guerras e conflitos de onte e de hoxe (Literatura e Arte)'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, clausurou no Pazo de San Roque o Congreso Internacional 'Guerras e Conflitos de Onte e de Hoxe (Literatura e Arte)', organizado pola Consellería de Cultura e Educación.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A secretaría xeral de Política Lingüística convoca novos cursos de lingua galega preparatorios das probas Celga

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publicou no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 8 de xuño de 2016, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O secretario xeral de Política Lingüística le o pregón da XX Festa dos Pereiriños

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, foi o encargado de ler na Carballeira de Pousada, en Curantes, o pregón da XX edición da Festa dos Pereiriños.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Mesa pola Normalización Lingüística pide un novo decreto do galego no ensino

A Mesa pola Normalización Lingüística aproveita a campaña electoral para pedir a todas as formacións políticas un novo decreto do galego no ensino.

Fonte: Sermos Galiza

Valentín García acompaña a Cándido Pazos na presentación en Madrid do libro 'O Camiño Francés no Códice Calixtino'

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, representada no secretario xeral de Política Lingüística, participou na presentación do libro O Camiño Francés no Códice Calixtino, do historiador Francisco Singul e do artista plástico Cándido Pazos, que se celebrou na sala de Ámbito Cultural do Corte Inglés de Callao, en Madrid.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Investigadores da Universidade de Vigo presentan un libro de reflexións sobre a elaboración dun dicionario plurilingüe

Varios investigadores da Universidade de Vigo presentaron o libro Escritos de lexicografía plurilingüe especializada, no que reflexionan sobre as problemáticas e cuestións que xorden á hora de elaborar un dicionario plurilingüe.

Fonte: Universidade de Vigo

Publícase a resolución das axudas para o fomento do galego no ensino privado

Estas axudas foron publicadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria co obxectivo de apoiar proxectos que fomenten o galego nos centros de ensino privado.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Valentín García participa na presentación do libro ‘De camiños, viaxeiros e camiñantes’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do libro De camiños, viaxeiros e camiñantes, co que Alfonso Mato e Santiago Lamas se fixeron co Premio de Ensaio Ramón Piñeiro 2015.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder