Galicia

A Xunta lembra o prazo de inscrición nos cursos previos ás probas Celga de novembro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria lembra que o 16 de xullo remata o prazo de inscrición nos cursos preparatorios das probas de acreditación dos niveis de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4, convocados por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado 17 de xullo a través da Resolución do 8 de xuño de 2016, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A cativada de Tui gozará dos Bolechas no marco da penúltima cita olímpica do ‘FalaRedes 2016’

A cativada do concello pontevedrés de Tui terá ocasión de gozar dos Bolechas no marco da penúltima cita da actividade 'Os Bolechas van ás Olimpíadas' da edición 2016 do programa de dinamización lingüística 'FalaRedes', que a Secretaría Xeral de Política Lingüística destina ás entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta presenta o novo programa "Galicia Culturea", cultura e lingua no verán

O conselleiro presentou na compostelá praza das Praterías o novo programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, "Galicia Culturea". Unha iniciativa que durante os meses de xullo, agosto e setembro ofrecerá ao longo da xeografía galega unha completa oferta cultural e de ocio pensada para todos os públicos.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

"Manuel María. Beleza, amor e compromiso" despide Marín no seu paso por doce localidades galegas

A exposición itinerante "Manuel María. Beleza, amor e compromiso", promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, e mais pola Casa Museo Manuel María, despide Marín tras facer parada no Museo Municipal Manuel Torres deste concello pontevedrés. A próxima parada será a Casa da Cultura de Noia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación da Coruña fai entrega do Premio Rosalía de Castro de Lingua

A Deputación da Coruña outorgou o VII Premio Rosalía de Castro de Lingua ao escritor Xabier DoCampo polo seu labor literario e compromiso coa lingua do país. Por outra banda, na nova categoría de normalización da lingua en infantil e xuvenil, o premio recaeu no Correlingua e na Escola de Ensino Galego "Semente".

Fonte: Sermos Galiza

Román Rodríguez sinala a figura de Rosalía como un símbolo equiparable á bandeira, ao escudo e ao himno galego

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou no acto de conmemoración do 131 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro, no que definiu a precursora das nosas letras como un símbolo equiparable á bandeira, ao escudo e ao himno. “Unha figura que nos une aos galegos e galegas e que queremos como unha gran nai símbolo de todos e todas nós”, salientou.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

"O galego campa!" continúa promovendo o uso da lingua entre a mocidade nos campamentos da Xunta

"O galego campa!", o programa dirixido á mocidade participante nos campamentos de verán da Xunta de Galicia, que promoven a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, segue a dinamizar a lingua galega durante as vacacións estivais.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta participa na homenaxe a Pura e Dora Vázquez na VIII Festa da Palabra

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participaron na homenaxe que a VIII Festa da Palabra lle rendeu a Pura e Dora Vázquez na Insua dos Poetas, na localidade ourensá do Carballiño.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Denuncian a deturpación dos topónimos na Costa da Morte

A Mesa pola Normalización Lingüística de Bergantiños denunciou o uso de topónimos deturpados en sinais da rede viaria da comarca da Costa da Morte.

Fonte: A Mesa pola Normalización Lingüística

Correlingua dedica o premio Rosalía de Castro ao profesorado e alumnado dos centros educativos participantes

Correlingua expresou o seu agradecemento tras recibir o premio Rosalía de Castro na categoría de iniciativas normalizadoras destinadas á infancia e á mocidade. Esta condecoración serve de recoñecemento ao labor das entidades colaboradoras e sobre todo á participación do alumnado e profesorado dos centros de ensino.

Fonte: Sermos Galiza

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder