Galicia

Monterroso e Outes acollerán a programación do "FalaRedes" durante a fin de semana

A Consellería de Cultura e Educación levará ata os concellos de Monterroso e Outes as propostas de dinamización lingüística do programa "FalaRedes", que a Secretaría Xeral de Política Lingüística lle destina ás entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

O Culturgal avanza algunhas novidades que terá na súa próxima edición baixo o lema "Cultura, comunidade, futuro"

A organización de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, avanzou algunhas novidades como son o reforzo do espazo expositivo con máis servizos, posibilidades de situación e accións de dinamización realizadas desde os propios postos.

Fonte: Xunta de Galicia

A iniciativa "A liña do galego" estará dispoñible agora en aplicación móbil

"A liña do galego" é o servizo d'A Mesa pola Normalización Lingüística que permite presentar queixas ou parabéns sobre o uso da lingua galega en todos os ámbitos. A partir de agora, este servizo estará dispoñible por medio dunha aplicación para dispositivos móbiles Android e iOS.

Fonte: Praza Pública

A Real Academia Galega adianta os nomes dos finalistas para as Letras de 2016

A Real Academia Galega anunciou o nome dos catro candidatos que disputarán o posto de homenaxeado para o Día das Letras Galegas de 2017: Ricardo Carvalho Calero, Carlos Casares, Plácido Castro e Antonio Fernández Morales.

Fonte: Praza Pública

Carlos Casares será o homenaxeado nas Letras Galegas de 2017

O Plenario da Real Academia Galega decidiu dedicar o Día das Letras Galegas de 2017 ao narrador e ensaísta Carlos Casares Mouriño.

Fonte: Real Academia Galega

O programa de dinamización lingüística "O galego campa" volve aos campamentos de verán de Galicia

Bota a andar unha nova edición do programa de dinamización lingüística "O galego campa!", da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado cos obxectivos de favorecer o desenvolvemento da actividade en galego no contexto dos campamentos de verán da Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García participa en Pontecesures na homenaxe a "Borobó"

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Pontecesures na conmemoración do centenario do nacemento do escritor e xornalista galeguista Raimundo García Rodríguez "Borobó", falecido en 2003.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta celebra a decisión da RAG e prepara xa a homenaxe a Carlos Casares no Día das Letras 2017

A Xunta de Galicia congratúlase pola decisión da Real Academia Galega (RAG) de dedicar o Día das Letras 2017 a Carlos Casares, e traballa xa na homenaxe que todas as galegas e galegos lle renderán ao escritor ourensán o vindeiro ano.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A RAG acolle novos membros

A Real Academia Galega incorporou novos membros. A última persoa que se incorporou á institución foi a escritora e catedrática Marilar Aleixandre, que é agora membro de pleno dereito.

Fonte: Cultura galega

A Xunta de Galicia lamenta o pasamento de Agustín Fernández Paz

A Xunta de Galicia lamenta o pasamento do escritor Agustín Fernández Paz, un dos autores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil en Galicia e no conxunto de España.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder