Galicia
Cultura e Educación e a Comisión Fulbright colaborarán para incorporar máis auxiliares de conversa
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asinou un convenio de colaboración con Emilia A. Puma, copresidenta da Comisión Fulbright de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América para a incorporación de 12 auxiliares de conversa de alto perfil académico o vindeiro curso ao sistema educativo galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Publícanse as conclusións do curso de verán sobre dinamización lingüística no ámbito socioeconómico de Carballo
Os organizadores do curso de verán sobre dinamización lingüística de Carballo organizado pola Universidade da Coruña, coa colaboración da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o propio Concello de Carballo presentaron, a modo de conclusión, unhas recomendacións para incrementar o uso da lingua galega no ámbito empresarial.
Fonte: Praza Pública
O Estado tomba un proxecto ao Concello de Teo por presentar un informe en galego
O Estado denegou unha axuda tramitada polo Concello de Teo para renovar o alumeado público municipal porque un dos informes presentados polo ente local estaba só en galego.
Fonte: Praza Pública
Nace unha revista de pensamento galego co obxectivo de potenciar a publicación de ensaios

David Casado, profesor da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense da Universidade de Vigo dirixirá a revista Cómaros, Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego, que nace co obxectivo de potenciar a publicación de ensaios.
Fonte: Universidade de Vigo
A asociación PuntoGal celebra o seu segundo aniversario co lanzamento dun documento de identidade na rede
A asociación PuntoGal celebrará o 25 de xullo co lanzamento dun Documento Galego de Identidade (DGI) na rede. Con esta iniciativa, a asociación quere visibilizar o orgullo de ter un dominio .gal e de sermos galegos e galegas.
Fonte: Praza Pública
O Ministerio de Industria volve denegar unha subvención a un ente público por presentar un informe en galego
Desta volta, o prexudicado foi o Concello de Santiago de Compostela que viu denegada unha subvención por parte dun instituto dependente do Ministerio de Industria polo mesmo motivo que no Concello de Teo: por presentar un informe en lingua galega.
Fonte: Praza Pública
Un total de 126 concellos recibe axudas da Consellería de Cultura e Educación para promover o uso do galego
Un total de 126 concellos galegos beneficiarase das axudas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para levar a cabo accións de promoción do uso da lingua galega no ámbito local. A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 13 de xullo de 2016 pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Melide pecha a exitosa xira do espectáculo "Os Bolechas van ás olimpíadas" no "Falaredes 2016"
O concello coruñés de Melide pechará a exitosa xira do espectáculo "Os Bolechas van ás Olimpíadas" no marco do "FalaRedes", promovido desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Os cursos de verán de lingua e cultura galegas despiden a súa vixésimo novena edición
Os cursos de verán lingua e cultura galegas –que coorganiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e mais coa Real Academia Galega (RAG)– despediron a súa vixésimo novena edición cun acto de clausura no que participou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta e algúns concellos galegos asinan un compromiso para fomentar a etiquetaxe en galego
Os concellos de Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense e Oroso asinaron unha carta de consumo responsable co obxectivo de fomentar as empresas que decidan etiquetar en galego.
Fonte: Praza Pública
Boletín
Subscríbase ao boletín