Galicia
A Radio Galega convoca o X premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico co apoio da Xunta de Galicia
A Radio Galega convoca, coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, o X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, un certame que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, cualificou como “imprescindible”, tanto polo seu papel a prol da “promoción da escrita do xénero dramático nun formato para radio” como polo feito de impulsar “unha actualización desta escrita desde as linguaxes contemporáneas en galego”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación de 'Camiños na sombra'
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación de Camiños na sombra, obra coa que Xián Lois Alcayde Dans se fixo co premio do Concurso Balbino de Relatos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Santiago de Compostela quere adherirse á Unión de Cidades de Lingua Portuguesa
O Concello de Santiago de Compostela vai enviarlle á Unión de Cidades de Lingua Portuguesa unha proposta formal de adhesión xa que o seu alcalde considera que pode ser beneficioso para a cidade desde o punto de vista económico.
Fonte: Mundo Lusíada
Bota a andar o programa de dinamización lingüística 'O galego é un mundo'

O programa de dinamización lingüística “O galego é un mundo: multiculturalismo e diversidade lingüística hoxe”, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, botou a andar cunha xornada informativa para profesorado pertencente a equipos de dinamización da lingua galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Oleiros convoca un ano máis o seu premio literario para fomentar o galego e dar a coñecer o municipio
O III Premio Literario Descubrindo Oleiros está dirixido ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO empadroado neste concello.
Fonte: Concello de Oleiros
Valentín García participa en Marín no acto conmemorativo do Día da Restauración da Memoria Lingüística
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto conmemorativo do Día da Restauración da Memoria Lingüística "En galego, agora e sempre", que promove a Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Os premios OUFF Escola recoñécenlles aos máis novos a súa creatividade audiovisual en galego
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou na gala de entrega dos premios do VII Certame de Cinema OUFF Escola organizado pola Concellería de Cultura de Ourense e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia no marco do XXI Festival de Cine Internacional de Ourense, o OUFF. Os galardóns recoñecen a creatividade audiovisual en lingua galega dos máis novos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócase o XVII Premio Manuel Beiras que recoñece o compromiso coa normalización lingüística no sector empresarial
O Concello de Santiago, en colaboración coa Cámara de Comercio da cidade, convocou a edición XVII do Premio Manuel Beiras de recoñecemento ao uso do galego no sector empresarial, un galardón que conta con dúas categorías: unha destinada ás empresas que veñen realizando un emprego continuado do galego e outra para as que o incorporaron recentemente.
O Ramón Piñeiro incorpora nove bolseiras aos seus proxectos de investigación lingüística do galego
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) incorpora nove novas bolseiras para reforzar a liña de traballo en investigación lingüística, literaria, histórica e antropolóxica sobre a lingua propia de Galicia nos proxectos que desenvolve na actualidade o centro de investigación adscrito á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
David Daniel Vázquez Álvarez recibe en Gres o premio Xosé Neira Vilas de novela curta
O escritor ourensán David Daniel Vázquez Álvarez recibiu o Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta, nun acto especialmente emotivo que o padroado desta entidade quixo facer coincidir co día do 88º aniversario do nacemento do escritor crucense.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín