Galicia

As propostas lingüísticas do 'Galicia Culturea' percorreron durante o verán 59 concellos da Rede

As tres propostas de dinamización lingüística impulsadas desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) no marco do 'Galicia culturea. Cultura e lingua no verán', da Consellería de Cultura e Educación, despediron a primeiros deste mes o programa, logo de seis semanas nos carteis das principais festas e programacións de verán dun total de 59 concellos.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta desenvolve unha campaña informativa de promoción do ensino do galego no Bierzo e en Sanabria

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, incrementa nos días previos ao comezo do curso escolar a difusión dunha campaña para concienciar as familias das comarcas leonesas do Bierzo e de Sanabria das vantaxes do ensino bilingüe en galego e castelán.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Ames organiza un obradoiro de lingua e cultura galegas dirixido á poboación chegada de fóra de Galicia

O obradoiro de lingua e cultura "En galego, co teu acento" ofrece 40 prazas destinadas, principalmente, á elevada porcentaxe de poboación chegada de fóra de Galicia ao municipio de Ames.

Fonte: Concello de Ames

Preséntase a primeira edición monolingüe en inglés de Follas novas

A canadense Erín Moure foi a encargada da realización da tradución desta obra de Rosalía de Castro ao inglés baixo o título New Leaves.

Fonte: Culturagalega.org

Valentín García reúnese cos novos lectores da Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, reuniuse cos novos lectores e lectoras de lingua, literatura e cultura galegas que se incorporan este curso 2016-2017 á Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Premio de Relato Breve Nélida Piñón celebrará este ano a súa segunda edición

O Premio de Relato Breve Nélida Piñón, impulsado pola Xunta de Galicia, polo Concello de Cotobade e pola Deputación de Pontevedra, celebrará este ano a súa segunda edición.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O novo filme ‘O Principiño’ chega á carteleira do compostelán cinema NUMAX

A fita proxéctase durante dúas semanas en versión orixinal con subtítulos en galego no marco da colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e inclúese a maiores no catálogo do programa didáctico ‘NUMAX na Escola’ para o curso 2016-2017.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A nova versión de Gnome estará dispoñible en galego na súa totalidade

O equipo de tradución ao galego de Gnome anunciou que xa están a traballar na nova versión desta ferramenta, a 3.22, que estará dispoñible nesta lingua ao 100 %.

Fonte: Código Cero

Valentín García participa na apertura en Pontevedra da exposición ‘Saúde e Terra, irmá(n)s’

Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, participou no Museo de Pontevedra no acto de apertura da exposición conmemorativa do centenario da creación das Irmandades da Fala ‘Saúde e Terra, irmá(n)s’.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Un total de 26 novos centros escolares incorporan o ensino plurilingüe por primeira vez neste curso

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución definitiva dos novos centros escolares que incorporan o ensino plurilingüe neste curso 2016/17. Trátase dun total de 26 colexios a razón de 13 na provincia da Coruña, 3 en Lugo, 1 en Ourense e 9 en Pontevedra.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder