Galicia
O Concello de Silleda pon en marcha un certame para impulsar o emprego da lingua galega no sector do comercio
A iniciativa Silledagasalla ponse en marcha coa colaboración dos centros educativos e os comercios da localidade e servirá para fomentar o galego entre a clientela durante a época do Nadal.
Fonte: La Voz de Galicia
Feijóo anima a ler os nenos galegos na presentación dunha obra póstuma de Neira Vilas
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, animou os nenos galegos a ler, na presentación dunha obra póstuma de Neira Vilas coincidindo co aniversario do seu pasamento.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Vigo organiza unha xincana lingüística en colaboración co sector do comercio
A actividade, que leva por título “Un trasno no barrio”, desenvolverase entre o 1 e o 18 de decembro polos comercios do barrio vigués das Travesas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Valentín García participa na presentación de 'Cantarolas para xente miúda'
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Casa do Libro de Vigo na presentación do novo libro-cedé Cantarolas para xente miúda de Xosé Neira Vilas na voz de Suso Vaamonde.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Inauguran a X Xornada ‘Xustiza e Lingua’, que promove a reflexión sobre a normalización do uso do galego
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, inauguraron a X Xornada ‘Xustiza e Lingua’, que promove a reflexión sobre a normalización lingüística no ámbito xurídico.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
‘Cores con palabras’ premia as mellores obras pictóricas e poéticas da súa quinta edición
O certame de poesía e pintura Cores con Palabras premia as mellores obras pictóricas e poéticas da súa quinta edición, á que concorreron un total de 165 traballos artísticos baixo as modalidades de Poesía e Pintura.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta de Galicia participa na homenaxe a Blanco Amor no día do cabodano do escritor ourensán
A Xunta de Galicia, representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e pola delegada do Goberno galego en Ourense, Marisol Mouteira, participou en Ourense na homenaxe a Eduardo Blanco Amor.
Fonte: Xunta de Galicia
'As follas ao aire' réndelle tributo a Xosé Neira Vilas cun novo espazo de lectura dedicado ao autor
A carballeira de Cuspedriños acolle un novo espazo destinado á dinamización lingüística e cultural dedicado a Xosé Neira Vilas, no marco do proxecto 'As follas ao aire'.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
'As miñas primeiras Letras Galegas dos Bolechas' achegaranlle á cativada os persoeiros do idioma galego
A nova colección As miñas primeiras Letras Galegas dos Bolechas, editada por Bolanda co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Real Academia Galega (RAG) e de Caixa Rural Galega, achegaranlle á cativada as figuras máis destacadas da lingua e da literatura galegas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Portal das Palabras organiza unha nova edición da iniciativa Palabra do ano
Coa iniciativa Palabra do ano preténdese escoller a que mellor representa este 2016, que está a rematar. As persoas interesadas poden mandar as súas propostas ata o 14 de decembro.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín