Galicia
Eli Ríos gaña o Premio de Narrativa Torrente Ballester para obras en galego
O XXVIII Premio de Narrativa Torrente Ballester na modalidade de obras en galego, que convoca a Deputación da Coruña, recaeu na obra Luns da autora Eli Ríos.
Fonte: Culturagalega.org
Valentín García participa na presentación do libro recompilatorio de 'Falemos da nosa historia'
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no compostelán CEIP López Ferreiro no acto de presentación do libro de recompilación dos textos gañadores do Certame de Redacción Histórica 'Falemos da nosa historia' nas súas últimas dez edicións.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Preséntanse os datos das consultas realizadas pola Xunta ás familias sobre a lingua materna
O catedrático de Lingüística Xeral da Universidade da Coruña Mauro Fernández presentou un informe que mostra os datos das consultas que a Xunta de Galicia lles realizou ás familias en 2009 e 2010 sobre a lingua das súas fillas e fillos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Carlos Brandeiro e Jorge Mira convértense en académicos correspondentes da Real Academia Galega
Os dous novos académicos correspondentes son o científico Jorge Mira Pérez e Carlos Xavier Rodríguez Brandeiro, director xeral do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo de Buenos Aires.
Fonte: Real Academia Galega
O Concello de Vigo pon en marcha un programa de dinamización lingüística para o Nadal
O programa “No Nadal… un conto” ten como obxectivo crear espazos de lecer en galego para o público familiar e infantil.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Valentín García entrega en Ponteceso os premios do XIII Concurso de Contos de Nadal Costa da Morte
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega de premios da XIII edición de Contos de Nadal que organizan Radio Voz e La Voz de Galicia en colaboración cos concellos da Costa da Morte.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Secretaría Xeral de Política Lingüística participa en Donostia no Foro Europeo da Diversidade Lingüística
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, representada na súa subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística, Elvira García, participou en Donostia no Foro Europeo da Diversidade Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa na entrega do XXVIII Premio de Novela Manuel García Barros a Manuel Sande
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Teatro Principal da Estrada no acto de entrega do XXVIII Premio de Novela Manuel García Barros.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
"Manuel María. Beleza, amor e compromiso" conclúe a súa itinerancia en Celanova
A mostra ‘Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004)’, promovida conxuntamente pola Xunta de Galicia, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, e mais pola Casa-Museo Manuel María pecha no concello ourensán de Celanova a itinerancia que a levou a trece puntos da xeografía galega desde o mes de maio.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Nace o Portal Xurídico Galego en prol dun dereito na lingua propia de Galicia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participaron na presentación do Portal Xurídico Galego, unha nova ferramenta creada en prol do uso da lingua propia de Galicia no exercicio do dereito na nosa Comunidade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín