Galicia

‘Luar na lubre’ celebra trinta anos contribuíndo á promoción do uso do galego desde a música

O secretario xeral de Política Lingüística acompañou o grupo galego na rolda de prensa de presentación do traballo discográfico conmemorativo do seu 30º aniversario. O responsable da Secretaría Xeral gabou a traxectoria da banda na proxección da lingua e da cultura propias de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos non admite a demanda da RAG contra o decreto do plurilingüismo

O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) de Estrasburgo decidiu non admitir a demanda que a Real Academia Galega presentou contra o decreto do plurilingüismo no ensino.

Fonte: Sermos Galiza

Presentan en Compostela o Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos

Entidades sociais galegas presentaron en Santiago de Compostela o Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos asinado en Donostia hai unhas semanas.

Fonte: A Mesa pola Normalización Lingüística

Cantos na Maré lembrará a Narf con Guadi Galego, Manecas Costa, Paulo Flores, Celina da Piedade e Kátya Teixeira

Cantos na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía, presentou en Pontevedra o programa da súa décimo terceira edición, que se celebrará no Pazo da Cultura da cidade do Lérez. A homenaxe a Fran Pérez ‘Narf’ e a música de Guadi Galego xunto coa do guineano Manecas Costa, a do angolano Paulo Flores, a da portuguesa Celina da Piedade e a da brasileira Kátya Teixeira centrarán unha das primeiras grandes citas musicais de 2017.

Fonte: Xunta de Galicia

Vinte e catro concellos da Rede de Dinamización acollen durante esta semana "Nadal en Rede"

Un total de 24 novos concellos acollerán as propostas do programa de dinamización lingüística "Nadal en Rede" que ofrece unha intensa axenda cargada de obradoiros musicais e de xogos e xoguetes en galego, concertos didácticos, teatro de monicreques e encontros cos Bolechas, entre outras propostas, para promover o uso do galego nas celebracións destas datas.

Fonte: Xunta de Galicia

"Irmandade" convértese na palabra do ano en galego

"Irmandade" é a palabra do ano 2016 en lingua galega. Este foi o resultado dunha votación realizada no Portal das Palabras, proxecto que comparten a Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a difusión do galego.

Fonte: Real Academia Galega

A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca axudas para obras audiovisuais en galego

Estas axudas para o ano 2017 están destinadas á creación de obras audiovisuais, en versión orixinal en lingua galega, con decidida vocación artística e cultural.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Convócanse os proxectos de innovación en dinamización lingüística 2016-2017 para os centros de ensino

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan os proxectos educativos de innovación en dinamización lingüística para o curso 2016-2017 destinados aos centros de ensino de titularidade pública.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Convócase unha nova edición dos premios a curtas de animación en galego “Nós tamén creamos!”

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan unha nova edición dos premios “Nós tamén creamos!” dirixidos a todos os centros educativos de infantil e primaria.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Rede de Dinamización Lingüística celebra a súa reunión ordinaria anual en Outeiro de Rei

A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia celebrou en Outeiro de Rei a reunión ordinaria anual na que participaron representantes políticos das entidades adscritas a ela, as cales suman formalmente preto de 180.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder