Galicia

Valentín García participa en Bueu na mesa 'O galego. A lingua do padal'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Bueu na mesa redonda e degustación 'O galego. A lingua do padal'.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García destaca na homenaxe a Olimpio Arca a súa aposta pola innovación no ensino da lingua

O secretario xeral de Política Lingüística participou na homenaxe que o Concello de Cuntis, a Fundación Terra Termarum e Edicións Fervenza lle brindan ao mestre e escritor Olimpio Arca Caldas a poucos días do segundo cabodano do seu pasamento.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Ourense acolle ata finais de mes a mostra ‘Manuel María. Beleza, amor e compromiso’

A Xunta de Galicia e mais a Casa-Museo Manuel María impulsaron durante este ano o proxecto itinerante para achegarlle á cidadanía a figura, a vida e a obra do autor.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que Vodafone lle nega atención en galego á súa clientela

Por este motivo, impulsaron o hastag #VodafoneOdiaOGalego e criticaron a actitude da empresa cos galegofalantes, xa que desde Vodafone recoñecen que só atenden en castelán.

Fonte: Sermos Galiza

Galicia e Portugal promoven a terceira edición do Premio Literario Nortear para a Mocidade Escritora

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) promoven a terceira edición do Premio Literario Nortear para a Mocidade Escritora de Galicia e de Portugal.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

'O rueiro das liortas' remata esta fin de semana en Barbadás e Castrelo de Miño

A actividade de dinamización lingüística 'O rueiro das liortas' remata a súa xira no marco do programa 'FalaRedes' esta fin de semana con senllas funcións en Barbadás e en Castrelo de Miño.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O secretario xeral de Política Lingüística clausura na Coruña o Simposio Manuel María

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, clausurou na sede da Real Academia Galega (RAG) na Coruña o Simposio Manuel María, un encontro organizado por esta entidade co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Silleda pon en marcha un certame para impulsar o emprego da lingua galega no sector do comercio

A iniciativa Silledagasalla ponse en marcha coa colaboración dos centros educativos e os comercios da localidade e servirá para fomentar o galego entre a clientela durante a época do Nadal.

Fonte: La Voz de Galicia

Feijóo anima a ler os nenos galegos na presentación dunha obra póstuma de Neira Vilas

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, animou os nenos galegos a ler, na presentación dunha obra póstuma de Neira Vilas coincidindo co aniversario do seu pasamento.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Vigo organiza unha xincana lingüística en colaboración co sector do comercio

A actividade, que leva por título “Un trasno no barrio”, desenvolverase entre o 1 e o 18 de decembro polos comercios do barrio vigués das Travesas.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder