Galicia

Valentín García participa en Expourense na mesa 'O galego. A lingua do padal'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Expourense na mesa redonda e degustación O galego. A lingua do padal, que acolleu o Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Os cursos "Galego sen fronteiras" cumpren este verán trinta anos recibindo a persoas de todo o mundo

Santiago de Compostela acollerá do 3 ao 24 de xullo unha nova edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras" que cumpren trinta anos. Ao longo desta época máis de dúas mil seiscentas persoas chegadas de todo o mundo entraron en contacto coa realidade lingüística e sociocultural de Galicia.

Fonte: Real Academia Galega

Valentín García acompaña a Rosalía Morlán nunha nova presentación de 'Nas rúas de Compostela'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou a escritora Rosalía Morlán Vieites na segunda presentación compostelá do poemario Nas rúas de Compostela.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Aumenta o número de queixas recibidas pola Mesa pola Normalización Lingüística por vulneración dos dereitos lingüísticos

O servizo A Liña do Galego recibiu en 2016 máis do dobre de queixas por vulneración de dereitos lingüísticos que o ano anterior (339 fronte ás 157 de 2015).

Fonte: Galicia Hoxe

Publícanse os datos sobre usos lingüísticos na actividade docente da Universidade de Santiago de Compostela no curso 2016-2017

Os datos mostran que só se imparte en galego unha de cada cinco horas de docencia, mentres que en castelán se imparten as tres cuartas partes. Outras linguas, coma o inglés ou o portugués, acadan o 3,65%.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O galego podería converterse en lingua oficial da UE grazas ao Brexit

A saída do Reino Unido da Unión Europea podería resultar positiva para o galego. No caso de que Irlanda e Malta decidan defender a oficialidade do inglés, outras linguas como o galego, o éuscaro e o catalán poderían reivindicar tamén a oficialidade.

Fonte: Galicia Confidencial

Un xulgado sentencia que tramitar unha multa en galego non lle causa indefensión á cidadanía

Así o considera o Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra ante o recurso presentado contra unha muller á que sancionaron cunha multa de 100 euros por aparcar nunha zona prohibida.

Fonte: Galicia Confidencial

Valentín García participa na presentación de 'Médicos e Medicamentos: que nos receitan e por que'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do libro Médicos e medicamentos: que nos receitan e por que, da autoría de Francisco Caamaño Isorna e Adolfo Figueiras Guzmán.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Impulsamos o uso do galego no ensino superior

A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística, na que participa a Consellería de Cultura e Educación por medio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Universidades, segue dinamizando o uso do galego no ensino superior.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Actualizan o web da campaña "Do berce á rúa" cuxo obxectivo é fomentar a transmisión familiar do galego

O Concello de Narón actualiza o web da campaña "Do berce á rúa" con novos recursos lúdicos e educativos (contos, xogos, cancións, arrolos… ) dirixidos ás familias e ao profesorado de educación infantil.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder