Galicia
Valentín García asiste á primeira sesión do Programa de dinamización lingüística 'O galego é un mundo'
O secretario xeral de Política Lingüística participou no IES San Clemente na primeira das doce conferencias interactivas que integran o programa de dinamización lingüística “O galego é un mundo”, destinado a promover entre alumnado de educación secundaria a valoración da diversidade lingüística e a erradicar algúns dos prexuízos existentes arredor do galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Vigo edita un calendario que fai reflexionar sobre os prexuízos lingüísticos contra o galego
O calendario componse de doce viñetas realizadas polo debuxante Luís Davila e leva por título Na Universidade en galego. Sen prexuízos.
Fonte: Universidade de Vigo
Santiago de Compostela estrea unha ruta literaria sobre Valle-Inclán que inclúe textos en galego
Un total de 21 escenarios compoñen esta ruta literaria que amosa Santiago de Compostela a través da ollada de Valle-Inclán e que introduce os seus textos, por primeira vez, en lingua galega.
Fonte: La Voz de Galicia
Comeza a difusión dos vídeos do LGx15 coas charlas para o futuro da lingua galega
A iniciativa LGx15, organizada pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), comezou a difundir en Youtube os vídeos coas charlas para o futuro do galego que se desenvolveron o pasado 24 de novembro de 2016.
Fonte: Praza Pública
A Editorial Galaxia crea un premio literario para obras en galego escritas por menores de 35 anos
Poderán presentarse ao Premio Illa Nova de Narrativa autoras e autores menores de 35 anos con obras escritas en galego, inéditas e non premiadas con anterioridade.
Fonte: Galicia Hoxe
Valentín García asiste á sesión extraordinaria pública da Real Academia Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á sesión extraordinaria pública que celebrou a Real Academia Galega co gallo da recepción como académica numeraria de Marilar Aleixandre.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Vigo organiza un curso de actualización e outro de mellora da redacción en lingua galega
A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo estrea no segundo cuadrimestre dous novos cursos para a comunidade universitaria, tres presenciais e cinco en liña.
Fonte: Universidade de Vigo
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza o XVII Concurso de Relato Oral “Tíralle da Lingua”
Este concurso está dirixido á comunidade educativa e ten como obxectivo fomentar o uso oral do galego e contribuír a que esta lingua se converta en instrumento normal de comunicación e creación de historias.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Vigo convoca un curso de achegamento ao galego
O curso Achégate ao galego (nivel 1), de 40 horas de duración, está dirixido a todas as persoas que queiran ampliar e perfeccionar a súa competencia lingüística en lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Servizo de Terminoloxía Galega presenta un banco de datos terminolóxico en galego con equivalencias noutras linguas

TERGAL, que está dispoñible en liña, é un banco de datos terminolóxico en galego, con equivalencias en linguas estranxeiras, concibido como unha ferramenta de orientación para as persoas que manexan linguaxes de especialidade.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín