Galicia
Publícase a resolución das axudas para a edición de publicacións periódicas en galego
O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia relativa á convocatoria de axudas para as empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O antropólogo vigués Rafael Quintía Pereira gaña o premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2016
O antropólogo e escritor vigués Rafael Quintía Pereira fíxose coa XVI edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, galardón que convocan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa, pola obra Mariña, de deusa a santa. A advocación de Santa Mariña na cristianización da Gallaecia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A compañía Producións Teatrais Excéntricas será a primeira en representar a Valle-Inclán en galego
Esta compañía, baixo a dirección de Quico Cadaval, levará a escena A cabeza do dragón o día 3 de marzo no teatro Principal de Compostela.
Fonte: Culturagalega.org
Ames organiza un obradoiro de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia
Veciñas e veciños de Ames de sete nacionalidades diferentes, a maioría procedentes de América Latina, asisten ao obradoiro de lingua e cultura galegas "En galego, co teu acento".
Fonte: El Correo Gallego
A Rede de Dinamización Lingüística inicia 2017 con actividades nunha ducia de concellos
A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia inicia o ano 2017 cunha ducia de actividades noutros tantos dos seus concellos adscritos. Cercedo-Cotobade, A Estrada, Malpica de Bergantiños, Dumbría, O Rosal, Ribadumia, Neda, Padrón, Coristanco, Xove, Barreiros e Barro acollen ata o sábado a recta final do programa 'Nadal en Rede' con obradoiros musicais e de xogos e xoguetes en galego, concertos didácticos, teatro de monicreques e encontros cos Bolechas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación da Coruña convoca subvencións para os servizos de normalización lingüística dos concellos
A convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de servizos de normalización lingüística está dirixida a concellos de máis de 5000 habitantes, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais.
Fonte: Deputación da Coruña
Valentín García asiste a 'Cantarolas pra xente miúda' do Nadal en Rede 2016
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no MOME da Estrada á actividade 'Cantarolas pra xente miúda', acompañado polo tenente de alcalde, Juan Constenla.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta de Galicia convoca as axudas para a tradución do libro galego
As axudas están dirixidas tanto á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego como á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
'Nadal en Rede' despídese coa participación máis alta das súas cinco edicións
O programa de dinamización lingüística 'Nadal en Rede', pertencente á programación de actividades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, concluíu no concello pontevedrés de Barro cos datos de participación máis altos das súas cinco edicións ata o momento: preto de 5000 asistentes.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Premio de Poesía Concello de Carral celebra a súa vixésima edición
O Premio de Poesía Concello de Carral celebra en 2017 a súa vixésima edición. As bases da nova convocatoria deste certame literario foron presentadas polo alcalde do municipio coruñés, José Luis Fernández, e polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín