Galicia

A Consellería de Cultura e Educación e o Colexio Profesional de Xornalistas presentan o web 'Manuel María Xornalista'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), Xosé Manuel Pereiro, presentaron na Secretaría Xeral de Política Lingüística o web 'Manuel María Xornalista' (http://manuelmaria.xornalistas.gal/).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Os versos de Manuel María divulgaranse a través de dúas pezas audiovisuais promovidas pola Consellería de Cultura e a TVG

Os versos de Manuel María chegarán neste mes das Letras aos fogares galegos a través da programación da Televisión Galicia, coa emisión de pequenas e creativas pezas audiovisuais realizadas a partir de dous poemas do escritor chairego, homenaxeado este ano pola Real Academia Galega no 17 de maio.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O CEIP de Rianxo recibe o premio do concurso-exposición Letras Galegas 2016 na modalidade de infantil e primaria

O CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao de Rianxo recibiu o Premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2016 na modalidade de Infantil e Primaria, nun acto que se celebrou no propio centro e no que participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Santiago de Compostela organiza o concurso #fotolingua co obxectivo de darlle visibilidade ao galego

O concurso #fotolingua ten como finalidade darlle visibilidade á paisaxe lingüística do concello de Santiago de Compostela.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Os Bolechas volven ao programa 'FalaRedes' da Rede de Dinamización Lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, acompañados por Braulio e Pili Bolechas, presentaron unha nova actividade do programa de dinamización lingüística 'FalaRedes 2016': 'Os Bolechas van ás Olimpíadas'.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Política Lingüística e Vegalsa-Eroski poñen en marcha unha campaña para festexar as Letras Galegas desde o ámbito socioeconómico

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski colaboran para conmemorar o Día das Letras Galegas desde o ámbito socioeconómico.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Cultura e Educación convoca 6 prazas en lectorados de lingua galega de España, Reino Unido, Alemaña e Polonia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) dá a coñecer a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se publican as bases e se anuncia a convocatoria pública para cubrir seis prazas en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O CDG celebrará o Día das Letras Galegas cunha xornada de portas abertas na súa sede do Salón Teatro de Santiago

A sede do Centro Dramático Galego (CDG) no Salón Teatro de Santiago acollerá o vindeiro martes 17 de maio unha xornada especial de portas abertas co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García presenta os materiais de ensino secundario elaborados en colaboración coa Casa-Museo Manuel María

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou no compostelán IES Rosalía de Castro a exposición e os materiais didácticos de educación secundaria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais elaborados en colaboración coa Casa-Museo Manuel María.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O secretario xeral de Política Lingüística participa no acto literario-musical 'O noso patrimonio cultural. Letras galegas 2016'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, asistiu ao acto literario-musical “O noso patrimonio cultural. Letras Galegas 2016”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder