Galicia
A Universidade da Coruña convoca axudas á investigación en lingua galega
As axudas á investigación en lingua galega do ano 2016 van destinadas a teses de doutoramento, proxectos de fin de carreira e traballos de fin de grao e mestrado.
Fonte: Universidade da Coruña
Un estudo da Universidade de Santiago constata a invisibilidade do cine rodado en linguas minoritarias europeas
O estudo 'Cine europeo en lenguas de naciones sin estado y pequeñas naciones' analiza os casos galego, finés e galés e constata a invisibilidade á que os somete o sistema de distribución e exhibición e tamén a falla de atención política.
Fonte: Galicia Confidencia
A Universidade de Vigo presenta o manual "Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega"
No manual, autoría de Xosé-Henrique Costas González, pódese atopar unha relación de xentilicios galegos así como as normas para a súa formación.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Cultura e Educación impulsa a promoción do uso do galego no ámbito local cunha nova convocatoria de axudas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a Orde pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Arteixo, Xinzo de Limia, Soutomaior e Vilamarín acollen durante a fin de semana as actividades do programa FalaRedes
A Consellería de Cultura e Educación leva esta fin de semana aos concellos de Arteixo, Xinzo de Limia, Soutomaior e Vilamarín dúas das propostas de dinamización lingüística do programa FalaRedes.
Fonte: Xunta de Galicia
Unha campaña facilitará a adquisición de dominios .gal a un prezo reducido
A Asociación PuntoGal e a Federación de Librarías de Galicia van poñer en marcha, co gallo da celebración do Día do Libro, a campaña Cultiva a Lectura que inclúe a adquisición de dominios .gal por 15 euros.
Fonte: Codigo Cero
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua pon en marcha un ano máis a iniciativa "Que se vexa! O galego"
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua pon en marcha esta iniciativa co obxectivo de darlle maior visibilidade ao galego en todas as situacións sociais.
Fonte: CTNL
Os Premios da Crítica en galego recaen en Manuel Rivas e María do Cebreiro
Manuel Rivas gañou o Premio da Crítica na categoría de Narrativa en galego pola súa novela O último día de Terranova, mentres que María do Cebreiro fixo o propio no apartado de Poesía co poemario O deserto.
Fonte: Faro de Vigo
O Día das Letras Galegas celebrarase no Gaiás cun recital colectivo homenaxe a Manuel María e un obradoiro de rap
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebrará o Día das Letras Galegas no Gaiás cunha homenaxe cidadá a Manuel María a través dun espectáculo multimedia que inclúe lectura de poemas, música en directo, vídeo-creacións e ata un obradoiro de rap.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Moaña organiza actividades para fomentar a lectura en galego
As actividades, organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística e a Biblioteca Municipal, van dirixidas ao público familiar e desenvolveranse ao longo dos meses de abril, maio e xuño.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín