Galicia
Carballo fomenta o uso da lingua galega premiando artigos xornalísticos e proxectos de webserie en galego
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo lanza a 12ª edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores e a terceira do Premio a proxecto de webserie en galego.
Fonte: Praza Pública
O municipio de Silleda prepara iniciativas para dinamizar o uso do galego
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Silleda organizará actividades ao longo de todo o ano co obxectivo de fomentar o galego entre a poboación do municipio.
Fonte: La Voz de Galicia
Os secretarios xerais de Política Lingüística e Emigración participan na presentación do libro 'Conciencia de Galicia'
Os secretarios xerais de Política Lingüística e de Emigración, Valentín García e Antonio Rodríguez Miranda respectivamente, participaron no acto de presentación do libro Conciencia de Galicia, do Centro Galego de Barcelona, no que o autor, Manoel Carrete, traza un percorrido pola historia da emigración galega en Cataluña.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Preto de 150 actividades difundirán a literatura e a cultura galegas na Feira do Libro de Buenos Aires 2016
A cultura e a produción literaria galegas serán as protagonistas da Feira Internacional do Libro de Buenos Aires 2016 cun programa de preto de 150 actividades que difundirán o sector editorial de Galicia a través deste evento de referencia internacional.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Vigo edita un manual para facilitar o uso da lingua galega de maneira fluída e correcta
A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo edita o manual Na Universidade. En galego con seguridade co obxectivo de que a comunidade universitaria empregue o galego con fluidez e corrección, tanto na lingua oral como escrita.
A Xunta entrega os premios do certame 'Lingua de namorar', destinado a promover a creatividade en galego entre a mocidade
Os conselleiros de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e de Política Social, José Manuel Rey Varela, participaron na entrega dos premios do concurso 'Lingua de namorar', un certame que ten como obxectivo promover o uso da lingua propia de Galicia na mocidade a través dos medios con que se comunica na súa vida cotiá, entre os que a Internet e os diferentes sistemas de mensaxería instantánea son fundamentais.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Cultura e Educación leva ‘A viaxe de Rosalía’ a Curtis e a Mondoñedo e ‘Xente miúda, moita fartura’ a Castro Caldelas
A Consellería de Cultura e Educación programa tres actividades para esta fin de semana no marco do programa de dinamización lingüística 'FalaRedes', que a Secretaría Xeral de Política Lingüística lle destina ás entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convida a colaborar nos seus proxectos con ideas para melloralos
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convida as persoas que así o desexen a participar nos grupos de traballo previstos para os vindeiros meses co obxectivo de mellorar os proxectos que teñen en marcha.
Fonte: CTNL
Pontecesures creará un premio xornalístico vinculado ao escritor Borobó ao que poderán concorrer artigos publicados en galego
A este premio, organizado polo Concello de Pontecesures, poderán presentarse artigos publicados en galego durante os tres primeiros trimestres de 2016 e que estean vinculados á memoria histórica.
Fonte: Deputación de Pontevedra
O secretario xeral de Política Lingüística asiste á inauguración da mostra Manuel Rodríguez López na Casa dos Poetas de Celanova
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á inauguración da mostra Manuel Rodríguez López, que reflicte a vida e a obra deste destacado poeta obreiro nado en Paradela (Lugo).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín