Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística participa no acto de entrega do premio literario 'Contos de verán' no día de Rosalía

O secretario xeral de Política Lingüística participou na cerimonia de entrega dos premios 'Contos de Verán' que organiza o xornal El Progreso.

Fonte: Xunta de Galicia

O festival Carballo Interplay premiará o mellor proxecto de webserie en lingua galega

Co obxectivo de fomentar a creación dixital innovadora en lingua galega, o Concello de Carballo celebrará a terceira edición do festival entre o 5 e o 7 de maio.

Fonte: Código Cero

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para a tradución do libro galego

As axudas irán destinadas tanto á tradución de libros galegos a outros idiomas como á tradución de obras estranxeiras ao galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Valentín García asiste á homenaxe a Álvaro Cunqueiro

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu aos actos de homenaxe ao escritor Álvaro Cunqueiro co gallo do seu cabodano.

Fonte: Xunta de Galicia

A Administración local de Muros usará o galego como lingua preferente

Un novo regulamento aprobado no Concello permite promover e normalizar o uso do galego como lingua prioritaria por parte da Administración local.

Fonte: Galicia Confidencial

Convócanse actividades de formación lingüística para o persoal do sector público galego

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos formativos que convoca a Escola Galega de Administración Pública.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Preto de 50 portais da Xunta de Galicia empregan xa o domino .gal

Un total de 46 portais da Administración autonómica, entre eles xunta.gal, empregan xa o dominio galego. A Xunta avanza así no proceso para consolidar o .gal como dominio que identificará todas as súas iniciativas en internet.

Fonte: Xunta de Galicia

A Universidade de Santiago convoca o I Concurso de microrrelatos a través de Facebook para fomentar a creatividade en galego

A iniciativa parte da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Humanidades e ten entre os seus obxectivos fomentar o uso do galego como vehículo para a creatividade, co apoio das novas tecnoloxías.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Feijóo refírese ao Pergamiño Vindel como unha proba de que Galicia é o pobo da palabra

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse ao Pergamiño Vindel como unha proba de que Galicia é o pobo da palabra.

Fonte: Xunta de Galicia

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora co novo concurso de relatos 'Balbino'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a primeira edición do Concurso 'Balbino' de relatos, un certame que nace coa idea de promover a literatura e a lingua galegas, así como os escritores que nela crean as súas obras.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder