Galicia

A Deputación da Coruña convoca o VII Premio “Rosalía de Castro” de Lingua e Cultura 2016

A Unidade Técnica de Normalización Lingüística organiza a convocatoria do Premio “Rosalía de Castro” coa finalidade de recoñecer a promoción do patrimonio lingüístico galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O secretario xeral de Política Lingüística asiste en Padrón á actividade 'A viaxe de Rosalía', do FalaRedes 2016

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no Auditorio Municipal á actividade 'A viaxe de Rosalía', que está a chegar a 13 concellos da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia no marco do programa FalaRedes 2016.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O profesorado de lingua galega poderá participar nos cursos PIALE para formación en portugués

Ademais de dar acceso ao profesorado de lingua galega aos cursos PIALE, a Consellería de Educación incrementou a oferta de prazas para formarse en portugués.

Fonte: Sermos Galiza

A Real Academia Galega inaugura unha sección na súa web con materiais dixitalizados das Irmandades da Fala

A Real Academia Galega inaugura na súa web unha nova sección, "As Irmandades da Fala nos Fondos da Academia", na que irá amosando documentos e publicacións relacionados coas Irmandades da Fala.

Fonte: Real Academia Galega

A Deputación de Pontevedra oferta cursos de linguaxe administrativa en galego para o persoal da Administración local

Entre os cursos que convoca a Deputación está o de “Lingua galega en documentos administrativos” cuxo prazo de inscrición remata o 1 de abril.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Política Lingüística colabora na visita a Galicia do Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense de Madrid

Unha 'travesía lingüística e literaria' polas rías de Muros e Noia e Arousa para 'viaxar' a través dos persoeiros relevantes da nosa lingua e cultura que viñeron ao mundo, habitaron ou se inspiraron nesta fermosa zona da nosa terra.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Escola Oficial de Idiomas da Coruña convoca un festival de curtametraxes para fomentar a creatividade en galego

O Equipo Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas da Coruña convoca o VI Festival CinEOI Coruña Curtas que ten como finalidade fomentar a creatividade audiovisual en galego.

Fonte: EOI da Coruña

O proxecto Hitzargiak, enmarcado na Capitalidade da Cultura de Donostia 2016, inclúe cinco boas prácticas de fomento do galego

O comité científico do proxecto Hitzargiak, iniciativa que ten como obxectivo compilar accións europeas de revitalización lingüística, seleccionou, polo momento, cinco boas prácticas galegas: Modelo Burela, Club de Debate, Apego, Agasallo e Gústame o galego.

Fonte: CTNL

O secretario xeral de Política Lingüística participa na homenaxe ao humanista e galeguista Manuel Reimóndez Portela

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nos actos de homenaxe polo centenario do nacemento do médico, escritor, galeguista e humanista Manuel Reimóndez Portela no cemiterio parroquial de San Miguel do Castro.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Román Rodríguez gaba a Ramón Mª Aller como “precursor do uso do galego no eido científico”

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, gabou a Ramón María Aller Ulloa como “precursor do uso do galego no eido científico” durante a presentación da obra Astronomía a ollo ceibe, editada agora en lingua galega con motivo do 50 aniversario do pasamento do científico lalinense.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder