Galicia

A Deputación de Pontevedra convoca subvencións para dinamización lingüística por importe de 150 000 euros

Os concellos e entidades locais con menos de 50 000 habitantes poderán solicitar as axudas da Deputación ata o vindeiro 15 de abril.

Fonte: Deputación de Pontevedra

Luís Tosar e a Real Filharmonía de Galicia interpretarán "Hamlet" en galego

A obra interpretarase no Auditorio da capital galega para homenaxear o dramaturgo William Shakespeare cando se cumpren 400 anos da súa morte.

Fonte: Concello de Santiago

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa '2ª Semana Cultural Convergências Portugal-Galiza'

A 2ª Semana Cultural Convergências Portugal-Galiza bota a andar co obxectivo de tender pontes entre as dúas beiras do Miño arredor da figura de Rosalía de Castro co gallo dos 179 anos do seu nacemento.

Fonte: Xunta de Galicia

A Rede de Dinamización Lingüística celebra en Melide o Día Internacional da Lingua Materna

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a alcaldesa de Melide, Dalia García, participaron no acto organizado pola Rede de Dinamización Lingüística (RDL) na vila coruñesa co gallo do Día Internacional da Lingua Materna 2016.

Fonte: Xunta de Galicia

A Deputación de Pontevedra convoca subvencións para actividades do "Ano Castelao" e de dinamización do galego

A Deputación de Pontevedra convoca subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro para levar a cabo actividades culturais no marco do “Ano Castelao” e tamén para desenvolver iniciativas que promovan a utilización da lingua galega.

Fonte: BOPPO

Entréganse os XI Premios á Calidade Lingüística da Universidade de Santiago que apoia a Secretaria Xeral de Política Lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega dos XI Premios á Calidade Lingüística da Universidade de Santiago, celebrado na Facultade de Xeografía e Historia.

Fonte: Xunta de Galicia

Valentín García presenta 'A viaxe de Rosalía', unha homenaxe á escritora galega máis universal no marco do FalaRedes 2016

A dous días do 24 de febreiro, data destacada no calendario de celebracións da lingua galega por conmemorarse o 179º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer en rolda de prensa a segunda das actividades que a Consellería de Cultura e Educación porá en marcha en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia no marco da quinta edición do programa FalaRedes: 'A viaxe de Rosalía'.

Fonte: Xunta de Galicia

Anxos Sobriño asumirá a presidencia da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua

Coincidindo coa celebración do 20 aniversario, a CTNL elixiu a nova directiva na Asemblea Xeral do 20 de febreiro.

Fonte: CTNL

Ames convoca unha nova edición do seu certame literario que busca fomentar os novos valores da literatura en galego

O certame, convocado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello, premiará os mellores textos tanto de narrativa como de poesía escritos en lingua galega.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Román Rodríguez destaca a fonda pegada de Rosalía de Castro na sociedade galega, “nai da nosa lingua e da nosa cultura”

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na tradicional ofrenda floral diante do busto de Rosalía de Castro con motivo do 179 aniversario do nacemento da poetisa.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder