Galicia

O IES da Pobra do Caramiñal organiza a cuarta edición do proxecto "21 días co galego"

O proxecto "21 días co galego" organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES da Pobra do Caramiñal ten como obxectivo principal perfeccionar a competencia nesta lingua.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta de Galicia convoca subvencións para a edición de publicacións periódicas en lingua galega

Xa está aberto o prazo de solicitudes para a convocatoria de axudas destinadas a empresas que editen publicacións periódicas integramente en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Seleccionan dúas obras en galego para o catálogo da Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecas

As obras galegas Maria Fumaça e O principio foron seleccionadas por bibliotecarios de todo o mundo para o catálogo The World Through Picture Books.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Un libro en galego e unha flor son as propostas de agasallo para festexar o Día de Rosalía de Castro

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) proponlle á cidadanía diversas actividades para o Día de Rosalía de Castro que se celebrará o vindeiro 24 de febreiro.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O secretario xeral de Política Lingüística asiste ao acto de entrega do Premio Arume de Poesía

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao acto de entrega do Premio Arume de Poesía que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas. Celebrada no Centro Cultural de Gres, no Concello de Vila de Cruces, esta oitava edición do certame contou cunha docente como gañadora: Mónica Inés Varela Gestoso, profesora no IES García Barros da Estrada.

Fonte: Xunta de Galicia

Ábrese o prazo de inscrición para o XVI Concurso de Relato Oral "Tíralle da Lingua"

Co obxectivo de normalizar o uso oral do galego, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega prepara o XVI Concurso de Relato Oral "Tíralle da Lingua".

Fonte: Consello da Cultura Galega

Cultura e Educación promove o uso do galego entre os máis novos a través de iniciativas como ‘Carapuchiña Vermella. O musical’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, desprazouse ata a localidade pontevedresa de Redondela para asistir á representación de ‘Carapuchiña Vermella. O musical’, unha iniciativa que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria co fin de promover o uso da lingua propia de Galicia entre os máis novos.

Fonte: Xunta de Galicia

Calros Solla e o IES Luís Seoane reciben os Premios Cidade de Pontevedra

Na edición de 2015 dos Premios Cidade de Pontevedra a educación e a divulgación tiveron un gran protagonismo ao concedérselles os galardóns ao instituto de secundaria Luís Seoane e ao profesor Calros Solla.

Fonte: Pontevedra Viva

Preséntase en Santiago a tradución ao galego do libro de Filgueira Valverde ‘Historias de Compostela’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García salientou hoxe “a importancia que ten dispoñer da obra de Filgueira Valverde no idioma propia de Galicia, polo gran valor que o autor ten como polígrafo e piar fundamental da nosa lingua e cultura”, na presentación da primeira tradución ao galego de Historias de Compostela.

Fonte: Xunta de Galicia

Preséntase unha nova edición do Premio Xoán Manuel Pintos que recoñece o impulso ao uso da lingua galega

O premio Xoán Manuel Pintos galardoa o impulso de uso da lingua galega á vez que mantén viva a imaxe do escritor e xurista.

Fonte: La Voz de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder