Galicia

Nos últimos cinco anos quintuplicáronse as solicitudes de axudas á investigación en lingua galega

Co obxectivo de incentivar e visibilizar o galego na ciencia, as universidades galegas, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convocan axudas á investigación en lingua galega.

Fonte: Universidade de Vigo

Yoigo inclúe o galego entre as linguas nas que emitirá as facturas para os seus clientes

A compañía de telecomunicacións incluirá o galego entre os idiomas nos que emite as facturas aos clientes logo de reiterados convites feitos pola Mesa pola Normalización Lingüística.

Fonte: Sermos Galiza

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua cumpre vinte anos

Cúmprense vinte anos dende a celebración da primeira asemblea da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).

Fonte: CTNL

O Concello de Pontevedra organiza unha nova edición do programa de dinamización lingüística Ben Veñas, Maio

No programa de fomento do galego Ben Veñas, Maio participarán os once IES e CIFP públicos de Pontevedra. O programa inclúe certames de fotografía, banda deseñada, narración curta, poesía, teatro e música.

Fonte: Concello de Pontevedra

O XXXII Premio de Poesía Cidade de Ourense galardoará obras en lingua galega ou portuguesa

Os traballos poderán presentarse en lingua galega ou portuguesa ata o vindeiro 22 de abril e o gañador recibirá un premio de 6000 euros e a publicación da obra.

Fonte: Galicia Confidencial

O proxecto "Modernízate: pon boina" busca promover o uso do galego asociando moda e lingua

Creado e desenvolto por alumnos de dous centros educativos composteláns, o proxecto ten como principal obxectivo actualizar os valores da lingua galega.

Fonte: El Correo Gallego

Política Social e Educación xúntanse para dinamizar o galego entre a mocidade nunha nova edición do certame ‘Lingua de Namorar’

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social e da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de presentar unha nova edición de ‘Lingua de Namorar’, o concurso de mensaxes de amor dirixido á xuventude.

Fonte: Xunta de Galicia

O Servizo de Normalización Lingüística da USC analiza os datos sobre usos lingüísticos na actividade docente no curso 2015-2016

O último número da publicación dixital O Cartafol amosa os datos sobre usos lingüísticos na actividade docente no curso 2015-2016 na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Fonte: Consello da Cultura Galega

Danse a coñecer os gañadores do Premio Xoán Manuel Pintos 2016 que recoñecen o labor de impulso do galego dos galardoados

O humorista gráfico Luís Davila e a agrupación de teatro Migallas son os gañadores dos Premios Xoán Manuel Pintos 2016 convocados polo Concello de Pontevedra e a Rede Amiga da Lingua (REAL).

Fonte: Faro de Vigo

O Concello de Redondela organiza obradoiros de recursos en galego no marco do programa Apego

Co obxectivo de promover o galego entre nenos de 0 a 6 anos a Concellería de Cultura de Redondela organiza actividades de dinamización lingüística en Redondela e Chapela.

Fonte: SNL de Redondela

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder