Galicia

Os Gobernos de Galicia e Castela e León ratifican o compromiso para a promoción do idioma galego no Bierzo e Sanabria

A Xunta de Galicia -a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística- e o Goberno de Castela e León ratificaron o compromiso de ambas as administracións para mellorar o Protocolo Xeral de Colaboración para a promoción do idioma galego no Bierzo e Sanabria.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Carballo convoca o XII Premio a artigos xornalísticos normalizadores

Este premio ten como obxectivo fomentar a reflexión sobre a situación social da lingua galega e incentivar o seu uso na prensa escrita. A persoa gañadora do certame recibirá 1000 euros, así como a publicación do artigo nos nove medios de comunicación que colaboran coa iniciativa.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta de Galicia convoca as probas de competencia clave en lingua galega

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca as probas de avaliación en competencias clave para acceder a certificados de profesionalidade. Entre estas competencias atópase a de comunicación en lingua galega.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Un libro recolle máis de 200 fotografías de tatuaxes con frases en lingua galega

Tattos da Galiza é o título dunha publicación que contén fotografías de tatuaxes en galego froito dun proxecto no que centos de persoas enviaron as súas imaxes ao concurso "Galiza á flor da pel".

Fonte: Galicia Confidencial

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación do libro 'A que altura está o ceo?', de Jorge Mira

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu na Coruña ao acto de presentación do novo libro do coñecido físico Jorge Mira titulado A que altura está o ceo?.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Vigo organiza obradoiros para a realización de actividades en galego no sector do tempo libre

As Concellerías de Xuventude e de Normalización Lingüística de Vigo realizan obradoiros para fomentar actividades en galego no sector do tempo libre entre monitores e persoal docente.

Fonte: Xornal Vigo

Román Rodríguez salienta o papel fundamental das Irmandades da Fala na dignificación do galego e na difusión da súa utilidade

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na rolda de prensa de presentación da programación de actividades conmemorativa do centenario das Irmandades da Fala, un acto conxunto celebrado coa Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, a Deputación da Coruña e o Museo do Pobo Galego.

Fonte: Xunta de Galicia

A Deputación de Pontevedra inicia unha campaña para visibilizar o signo que identifica a Castelao na lingua de signos

Coa etiqueta #signaCastelao en Twitter preténdese contribuír á difusión e normalización do signo co que se identifica a Castelao na lingua de signos. O obxectivo desta campaña é concienciar a poboación sobre a necesidade de fomentar a inclusión e a integración do conxunto da sociedade.

Fonte: Deputación de Pontevedra

A plataforma Queremos Galego concéntrase en defensa da ordenanza municipal de uso do galego no Concello de Lugo

A plataforma Queremos Galego concentrouse perante o Concello de Lugo para defender a ordenanza municipal de uso do galego, anulada parcialmente por unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Fonte: El Progreso

Valentín García presenta 'Xente miúda, moita fartura', a nova proposta de dinamización lingüística do FalaRedes 2016

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou na Cidade da Cultura 'Xente miúda, moita fartura', a nova actividade do programa de dinamización lingüística FalaRedes que a Consellería de Cultura e Educación, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, lles destina ás entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder