Galicia

Política Lingüística e a EGAP impulsan a formación en galego do funcionariado cunha convocatoria de cursos para 270 prazas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e máis a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convocan cinco novos cursos de formación en galego dirixidos a reforzar a capacitación lingüística do persoal ao servizo da Administración pública de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela organiza o I Concurso de teatro radiofónico

Este concurso de teatro radiofónico está destinado ao alumnado de 3º ciclo de primaria e da ESO. Haberá un premio á mellor dramatización radiofónica e un premio á calidade lingüística.

Fonte: SNL de Redondela

O Centro de Estudos Galegos de Salamanca renova o seu lectorado de lingua, literatura e cultura galegas

O Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal) fixo pública a convocatoria dunha nova praza de lector ou lectora de lingua, literatura e cultura galegas no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Salamanca.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García acompaña a Elisabeth Oliveira na presentación do libro-cd multilingüe 'Poesis'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Museo de Pontevedra no acto de presentación do libro-CD de poesía multilingüe Poesis, un proxecto coordinado pola profesora Elisabeth Oliveira con poesía e cancións en galego, portugués, francés e castelán.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Homenaxean en Redondela a Xosé Luís Franco Grande polo seu Dicionario galego-castelán e vocabulario castelán-galego

A Fundación Lois Peña Novo rendeulle homenaxe ao académico Xosé Luís Franco Grande, autor dun dicionario que nos anos 70 se converteu nunha ferramenta esencial para a normalización do galego.

Fonte: RAG

Publícase a resolución das axudas para o fomento do galego nos centros de ensino público

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou a resolución das axudas para os proxectos de fomento do uso do galego nos centros de ensino non universitario de titularidade pública, para o curso escolar 2015/2016.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Román Rodríguez cualifica como "obra de arte" a edición de "Contos vellos para rapaces novos" feita por Bolanda

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na presentación do libro Contos vellos para rapaces novos de Xosé Neira Vilas.

Fonte: Xunta de Galicia

A Estrada, Redondela, O Porriño, Cangas, Mondariz-Balneario, Moaña e O Grove acollen durante a fin de semana o FalaRedes

A fin de semana preséntase especialmente intensa no tocante á programación de actividades do FalaRedes na provincia de Pontevedra: A Estrada, Redondela, O Porriño, Cangas, Mondariz-Balneario, Moaña e O Grove acollen o sábado e o domingo sete actividades.

Fonte: Xunta de Galicia

Valentín García entrega en Curtis os premios do XI Certame de Narración Curta 'Supermulleres e Superheroínas'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Casa da Xuventude de Curtis no acto de entrega do Certame de Narración Curta, centrado nesta décimo primeira edición na temática das 'Supermulleres e Superheroínas'.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García participa en Monforte nos actos conmemorativos do centenario das Irmandades da Fala

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na homenaxe a Manuel Banet Fontenla, notario e fundador das Irmandades da Fala.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder