Galicia

A Consellería de Cultura e Educación presenta a Feira do Libro de Santiago de Compostela

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da Feira do Libro Novo de Santiago de Compostela, nunha rolda de prensa que se desenvolveu na Biblioteca Pública Ánxel Casal.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O secretario xeral de Política Lingüística presenta no Centro Ramón Piñeiro unha edición facsimilar da revista ‘Xistral’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, presentou no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) unha edición facsimilar da revista poética Xistral publicada no ano 1949 por Manuel María, autor que será homenaxeado o próximo Día das Letras Galegas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Pontevedra presenta o programa "Maio mes da lingua" para dinamizar o galego

O programa conta con máis de dúas decenas de actividades que teñen por obxectivo fomentar a lingua galega.

Fonte: La Voz de Galicia

O Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras premiará ideas e campañas que promovan a lingua galega

Os Servizos de Normalización Lingüística das tres universidades galegas, xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan a décimo terceira edición do premio no que poderán participar os membros da universidade.

Fonte: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua

A versión 16.04 do sistema operativo Ubuntu xa está dispoñible en galego

Distribuída baixo o nome Xenial Xerus, a versión de Ubuntu en galego xa se pode descargar.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A plataforma Queremos galego manifestarase o 17 de maio en Santiago baixo o lema "O idioma é a vida"

Coa mobilización, a plataforma Queremos Galego quere amosar como a maioría do poboación quere a lingua galega en todos os espazos.

Fonte: Sermos Galiza

Comeza o Correlingua 2016, a carreira a prol do galego que percorrerá unha ducia de localidades de Galicia

A edición do Correlingua deste ano, que finalizará o 16 de maio, comezou en Pontevedra, onde máis de 2000 escolares participaron na etapa inaugural desta carreira.

Fonte: Sermos Galiza

A Xunta de Galicia dálle a benvida ao alumnado de galego do instituto londiniense Vicente Cañada Blanch

A Xunta deulle a benvida a Galicia a un grupo de 18 estudantes de galego en Londres e dous docentes chegados na súa 'Viaxe da Lingua 2016' para percorreren diversos lugares da nosa comunidade autónoma e coñeceren así de primeira man a nosa lingua e cultura.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Un total de 52 concellos recibirá axudas da Deputación da Coruña para os seus servizos de normalización lingüística municipais

A Deputación da Coruña subvencionará a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística de 25 concellos durante o ano 2016.

Fonte: Galicia Hoxe

Valentín García participa na presentación do primeiro encontro escolar de Bertsolarias e Regueifeir@s

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) no acto de presentación do primeiro encontro escolar de Bertsolarias e Regueifeir@s en Santiago de Compostela.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder