Galicia

Os concellos de Galicia recibirán axudas para a dotación de novidades editoriais en galego

As axudas están convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e os concellos interesados teñen un mes de prazo para presentar as súas solicitudes.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Ourense convoca o VII Certame de Cinema OUFF Escola para impulsar o uso do galego entre a mocidade

O Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convoca o certame no que poderá participar o alumnado de ensino non universitario matriculado no curso 2015/2016.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Pontevedra celebrará unha nova edición do Galegote Rock para promover os grupos musicais que cantan en galego

Os concertos, organizados polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello, celebraranse os días 12, 13 e 14 de maio co obxectivo de promover o galego no ámbito do lecer.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Chega o Festiletras a Ponteceso para conmemorar o Día das Letras Galegas

A aldea do Couto acollerá unha ampla programación de actividades culturais para festexar o Día das Letras Galegas.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Valentín García participa en Carral no XIII Congreso da Mocidade pola Lingua

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no XIII Congreso da Mocidade pola Lingua, que organizou o Concello de Carral no marco do Acto en Lembranza aos Mártires de Carral.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Televisión de Galicia elabora unha reportaxe sobre un programa de Radio Cornellà que se emite en galego

A TVG elabora a reportaxe para conmemorar o 30 aniversario do programa "Siempre en Galicia" destinado a dar a coñecer a lingua e cultura galegas.

Fonte: El Periódico

Valentín García inaugura en Ribeira a Feira da Educación 2016

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de inauguración da Feira da Educación 2016.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

'FalaRedes' dálle a benvida ao mes das Letras Galegas con seis propostas para dinamizar o uso da lingua no lecer

O 'FalaRedes', da Consellería de Cultura e Educación, dálle a benvida esta fin de semana ao mes das Letras Galegas con seis propostas pensadas para dinamizar o uso da lingua propia de Galicia no tempo de lecer.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Ponse en marcha o proxecto “A Chave”, unha iniciativa que busca prestixiar a riqueza léxica e expresiva da lingua galega

"A Chave", cuxas principais liñas de traballo están centradas na lexicografía, é un proxecto que busca concienciar a cidadanía da riqueza léxica e expresiva do galego. O seu obxectivo é empregalo como lingua vehicular en todas as áreas do coñecemento e da cultura, e coa máxima calidade lingüística.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Universidade de Santiago de Compostela convoca unha nova edición do seu certame de curtametraxes de comedia en galego

O V Premio de pezas audiovisuais curtas de comedia "Somos a curta!" ten como finalidade fomentar o emprego do galego nos novos valores do audiovisual.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder