Galicia
Queremos Galego convoca unha mobilización en contra da sentenza sobre a ordenanza de uso do galego no Concello de Lugo
A concentración perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia está convocada para o día o 14 de abril ás 12.00 horas.
Fonte: Sermos Galiza
O secretario xeral de Política Lingüística recibe a Geert de Troyer, interesado nos programas de dinamización do galego
O experto belga, especialista europeo en linguas, está interesado en coñecer os programas de formación, dinamización e proxección exterior da lingua galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A décimo cuarta edición do Premio de Poesía Afundación promove a creación literaria en lingua galega
O certame, convocado por Afundación, a Consellería de Cultura e Educación e o Centro PEN de Galicia, premiará con 6000 € o mellor libro de poemas escrito en lingua galega.
Fonte: El Ideal Gallego
Cultura e Educación colabora con concellos e fundacións de autor na posta en valor do patrimonio literario galego
Os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, mantiveron unha reunión cos concellos de Ponteceso e de Celanova, así como con representantes das fundacións Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez, co obxectivo de planificar a creación dun itinerario cultural do Rexurdimento, nos municipios vinculados cos tres autores.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A plataforma Steam recibe o seu primeiro videoxogo en galego

Bullshot está traducido a 18 idiomas, entre eles o galego, converténdose así no primeiro xogo publicado nesta lingua na plataforma Steam. A dobraxe sonora realizouse nos estudios Babalubox da Coruña.
Fonte: Código Cero
O proxecto Apego, cuxo obxectivo é fomentar a transmisión do galego, amplíase a 23 concellos
O proxecto Apego naceu en marzo de 2015 impulsado por doce concellos: A Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago de Compostela e Vigo. Agora once novos concellos adheriranse a esta iniciativa (A Coruña, Ames, Mazaricos, Moaña, Muros, Oleiros, Ponteceso, Rianxo, Ribadeo, Teo e Vimianzo), de maneira que esta chegará a unha poboación que supera o millón de habitantes, entre eles os das principais áreas urbanas, nas que é máis necesario fomentar o uso do galego na infancia.
Fonte: CTNL
Valentín García entrega os premios do IV Rally Matemático e Científico sen Fronteiras
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega de premios do IV Rally Matemático e Científico sen Fronteiras.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Conclúen as probas da primeira convocatoria Celga 2016 á que concorreron 1575 persoas para acreditar o seu nivel en galego
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, rematou as probas da primeira convocatoria de exames de acreditación da lingua galega para o ano en curso. A elas presentáronse, na capital de Galicia e mais en Ponferrada, un total de 1575 persoas das 1816 inicialmente matriculadas, o que supón un índice de participación do 80,56 %.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Santiago convoca a segunda edición do concurso Mazarelos na procura de novos valores da literatura en galego
O concurso literario Mazarelos chega á súa segunda edición e a el poderase presentar o alumnado cunha obra de calquera xénero literario e de calquera tema, sempre que sexa orixinal e en galego.
A web Primavera das Letras achega recursos didácticos relacionados co Día das Letras Galegas
O proxecto, posto en marcha pola Real Academia Galega e presentado no CEIP Curros Enríquez da Coruña, achega a través da súa web distintos materiais didácticos para o alumnado de Infantil e de Primaria.
Fonte: Real Academia Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín