Galicia
FalaRedes 2016 estrea en Frades e Cerceda 'A viaxe de Rosalía', unha homenaxe á escritora galega máis universal
O espectáculo 'A viaxe de Rosalía' estréase esta fin de semana con dúas visitas á comarca de Ordes. A primeira será o sábado 5 de marzo no Concello de Frades que, coa programación desta peza, quere aproveitar para conmemorar tanto o recente Día de Rosalía (24 de febreiro) como o próximo Día da Muller (8 de marzo).
Fonte: Xunta de Galicia
O servizo de tradución Gaio da Xunta rexistrou máis dun millón de consultas en cinco meses
O servizo de tradución Gaio rexistrou en cinco meses 1,3 millón de consultas, que supuxeron a tradución de máis de 78 millóns de palabras. O pasado mes de setembro a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística poñían a disposición da cidadanía esta ferramenta que, ata entón, era de uso de interno da Administración.
Fonte: Xunta de Galicia
Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula parcialmente a ordenanza do galego do Concello de Lugo
O Goberno local de Lugo recorrerá ante o Tribunal Supremo a sentenza do TSXG que anula tres artigos da ordenanza municipal que regula o uso do galego no Concello e que data do ano 2012.
Fonte: La Voz de Galicia
O persoal da Administración de Xustiza poderá asistir a cursos de linguaxe xurídica galega
Os cursos de linguaxe xurídica, impartidos pola Escola Galega de Administración Pública, están dirixidos ao persoal da Administración de xustiza que presta servizos tanto en Galicia como fóra da comunidade.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Convócase a décima edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas dirixido á comunidade educativa
O proxecto, convocado pola Fundación Antonio Fraguas, vai dirixido aos centros educativos para que desenvolvan un programa de investigación no ámbito do patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico do contorno máis próximo.
Fonte: Xunta de Galicia
A Universidade de Santiago convoca o primeiro concurso de subtitulación de vídeos TED de Ciencias da Saúde ao galego
O 10 de marzo remata o prazo para participar no obradoiro convocado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Enfermería para aprender como funciona a plataforma de tradución e subtitulación.
Fonte: Xornal da USC
A Deputación da Coruña resolve a convocatoria de axudas para os servizos de normalización lingüística da provincia
Xa se coñece a resolución da convocatoria de subvencións para os concellos e entidades locais da provincia da Coruña destinadas á creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Real Academia Galega organiza a XXIX edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas
A Real Academia Galega organiza unha nova edición dos cursos de verán "Galego sen fronteiras", dirixidos a persoas de fóra de Galicia, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Instituto da Lingua Galega e a Deputación Provincial da Coruña.
Fonte: Real Academia Galega
A V edición do concurso Explícoche Matemáticas 2.0 promove o galego como medio de transmisión das matemáticas
O concurso propón o reto de realizar unha curtametraxe cunha duración máxima de dous minutos na que se explique un concepto matemático en galego.
Fonte: Xornal da USC
A Universidade de Santiago de Compostela organiza un obradoiro para mellorar o discurso oral en galego
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía organiza o obradoiro "Mellora o teu discurso oral" que se desenvolverá do 28 de marzo ao 14 de abril.
Fonte: O Cartafol Dixital
Boletín
Subscríbase ao boletín