Galicia

Máis de 1500 obras en lingua galega foron traducidas a outras linguas

Unha investigación do grupo Bitraga, equipo de investigación da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, cifra en preto de 5000 as traducións literarias no período 1980-2014.

Fonte: Universidade de Vigo

O secretario xeral de Política Lingüística participa na homenaxe que Meira lle rende ao poeta galego Avelino Díaz

O Colexio de Educación Infantil e Primaria Poeta Avelino Díaz da localidade lucense de Meira presentou oficialmente o seu novo nome dedicado ao devandito escritor nun acto no decurso do cal se procedeu ao descubrimento dunha placa conmemorativa.

Fonte: Portal da Lingua Galega

Promóvese o uso do galego na arquitectura coa entrega dos Premios Manuel Gómez Román da Asociación Setestrelo

A Asociación de Amigos do Castelo de Maceda, ‘Setestrelo’, celebrou a gala de entrega dos premios ‘Manuel Gómez Román’ de arquitectura -que recaeron en Manuel Seoane e os Estudios Sabín-Blanco e Abalo Alonso- e maila cerimonia de nomeamento dos novos membros de honra.

Fonte: Xunta de Galicia

O Club de Debate dinamizará lingüística e culturalmente centros de ensino de once concellos galegos

A quinta edición do Club de Debate chega a once concellos galegos a través dos servizos de normalización lingüística co obxectivo de fomentar a fluidez comunicativa en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Secretaría Xeral de Política Lingüística réndelle homenaxe póstuma ao tradutor ferrolán Ramón Lugrís

O libro Ramón Lugrís. Sempre Galicia, Sempre Europa, sobre este tradutor e xornalista recentemente falecido, presentouse no salón de actos da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

O Proxecto Dragal promove o galego a través das TIC en seis centros de ensino

O Proxecto Dragal, impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é unha iniciativa multimedia e multidisciplinar que están a desenvolver os equipos de dinamización lingüística de centros de ensino galegos.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Universidade de Santiago presenta un traballo terminolóxico en galego sobre criminoloxía

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela edita unha obra terminolóxica sobre criminoloxía en galego.

Fonte: Galicia Confidencial

A segunda edición do concurso ‘Inventa en galego’ premia a innovación científica feita entre a mocidade e na nosa lingua

A entrega de premios da segunda edición do concurso ‘Inventa en galego’, co que colabora a Secretaría Xeral de Política Lingüística, celebrouse na Coruña, nun acto no que tamén se entregaron os premios ‘Sensores para todos’, que perseguen facer unha utilización tecnoloxicamente interesante dos sensores de Arduino ou Lego.

Fonte: Xunta de Galicia

Nos últimos cinco anos quintuplicáronse as solicitudes de axudas á investigación en lingua galega

Co obxectivo de incentivar e visibilizar o galego na ciencia, as universidades galegas, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convocan axudas á investigación en lingua galega.

Fonte: Universidade de Vigo

Yoigo inclúe o galego entre as linguas nas que emitirá as facturas para os seus clientes

A compañía de telecomunicacións incluirá o galego entre os idiomas nos que emite as facturas aos clientes logo de reiterados convites feitos pola Mesa pola Normalización Lingüística.

Fonte: Sermos Galiza

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder