Galicia

O galego foi unha das linguas presentes no congreso da Modern Language Association en Austin

Entre os días 7 e 10 de xaneiro a Modern Language Association (MLA) celebrou o seu congreso anual en Austin (Texas, EUA) no que o galego, ao que se lle dedicaron catro paneis específicos, foi unha das linguas protagonistas.

Fonte: Praza Pública

Convócanse os proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Xunta de Galicia

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa establecen as bases reguladoras para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Fonte: Xunta de Galicia

Román Rodríguez reivindica o Neira Vilas “espectador atento” no seu último traballo, ‘Olladas no Camiño’

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou no Museo das Peregrinacións e de Santiago na presentación do libro Olladas no camiño. Editado por Edicións Fervenza, é un dos últimos traballos realizados polo ilustre escritor Xosé Neira Vilas, falecido o pasado 27 de novembro.

Fonte: Xunta de Galicia

Unha publicación da Universidade de Vigo aborda o fenómeno da transferencia lingüística dende unha perspectiva cognitiva

Rosa Alonso, profesora e investigadora da Universidade de Vigo, acaba de publicar o libro Crosslinguistic Influence in Second Language Acquisition no que trata o fenómeno da transferencia lingüística dende unha perspectiva cognitiva.

Fonte: Universidade de Vigo

O secretario xeral de Política Lingüística participa na inauguración do festival ‘Cantos na Maré’ 2016 en Pontevedra

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, interveu na actividade que inaugurou a duodécima edición do ‘Cantos na Maré’, o festival internacional da lusofonía que se celebra en Pontevedra.

Fonte: Xunta de Galicia

A Asociación de Docentes de Portugués en Galicia solicita o incremento das prazas de lingua portuguesa en 2016

Debido ao aumento do alumnado de lingua portuguesa solicítanlle á Xunta o incremento do número de prazas de docencia nas oposicións que se convocan en 2016.

Fonte: Galicia Confidencial

A Mesa pola Normalización Lingüística inicia unha campaña para que o galego sexa unha opción de atención á clientela de Endesa

Endesa ofrécelle á súa clientela en Galicia atención en castelán, catalán ou inglés, pero non en galego.

Fonte: Sermos Galiza

O Concello da Coruña organiza un programa de estudo de idiomas en países europeos para alumnado de 4º da ESO

O Concello da Coruña puxo en marcha 'Idiomas do mundo', un programa de estudo de linguas estranxeiras en países europeos, de catro semanas de duración, para estudantes de 4º da ESO.

Fonte: La Voz de Galicia

O Concello de Carballo presenta as súas actividades para fomentar a socialización da infancia en galego

No marco do proxecto Apego, o Concello de Carballo organiza durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo varias actividades encamiñadas á socialización da infancia en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Increméntase o número de títulos publicados en lingua galega no ano 2014

Os datos do Comercio Interior do Libro do ano 2014, un estudo da Federación de Gremios de Editores de España, constatan un aumento no número de títulos publicados en galego nese ano, cun total de 1881 obras nesta lingua.

Fonte: Culturagalega.org

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder