Galicia
A Deputación da Coruña resolve a convocatoria de axudas para os servizos de normalización lingüística da provincia
Xa se coñece a resolución da convocatoria de subvencións para os concellos e entidades locais da provincia da Coruña destinadas á creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Real Academia Galega organiza a XXIX edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas
A Real Academia Galega organiza unha nova edición dos cursos de verán "Galego sen fronteiras", dirixidos a persoas de fóra de Galicia, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Instituto da Lingua Galega e a Deputación Provincial da Coruña.
Fonte: Real Academia Galega
A V edición do concurso Explícoche Matemáticas 2.0 promove o galego como medio de transmisión das matemáticas
O concurso propón o reto de realizar unha curtametraxe cunha duración máxima de dous minutos na que se explique un concepto matemático en galego.
Fonte: Xornal da USC
A Universidade de Santiago de Compostela organiza un obradoiro para mellorar o discurso oral en galego
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía organiza o obradoiro "Mellora o teu discurso oral" que se desenvolverá do 28 de marzo ao 14 de abril.
Fonte: O Cartafol Dixital
Os Gobernos de Galicia e Castela e León ratifican o compromiso para a promoción do idioma galego no Bierzo e Sanabria
A Xunta de Galicia -a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística- e o Goberno de Castela e León ratificaron o compromiso de ambas as administracións para mellorar o Protocolo Xeral de Colaboración para a promoción do idioma galego no Bierzo e Sanabria.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Carballo convoca o XII Premio a artigos xornalísticos normalizadores
Este premio ten como obxectivo fomentar a reflexión sobre a situación social da lingua galega e incentivar o seu uso na prensa escrita. A persoa gañadora do certame recibirá 1000 euros, así como a publicación do artigo nos nove medios de comunicación que colaboran coa iniciativa.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta de Galicia convoca as probas de competencia clave en lingua galega
A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca as probas de avaliación en competencias clave para acceder a certificados de profesionalidade. Entre estas competencias atópase a de comunicación en lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un libro recolle máis de 200 fotografías de tatuaxes con frases en lingua galega
Tattos da Galiza é o título dunha publicación que contén fotografías de tatuaxes en galego froito dun proxecto no que centos de persoas enviaron as súas imaxes ao concurso "Galiza á flor da pel".
Fonte: Galicia Confidencial
O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación do libro 'A que altura está o ceo?', de Jorge Mira
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu na Coruña ao acto de presentación do novo libro do coñecido físico Jorge Mira titulado A que altura está o ceo?.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Vigo organiza obradoiros para a realización de actividades en galego no sector do tempo libre
As Concellerías de Xuventude e de Normalización Lingüística de Vigo realizan obradoiros para fomentar actividades en galego no sector do tempo libre entre monitores e persoal docente.
Fonte: Xornal Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín