Galicia

Preséntase a edición de 2016 do Correlingua

O Correlingua, unha carreira que ten como obxectivo que o alumnado reivindique publicamente o uso do galego, terá como lema, na edición de 2016, “O galego está en nós”.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Varios colectivos impulsan un manifesto a prol do uso do galego no Concello de Cee

Representantes de diferentes colectivos encabezan o manifesto Queremos galego na Administración local de Cee.

Fonte: Que Pasa na Costa

Uns setenta concellos reúnense en Santiago nun encontro sobre política lingüística municipal

Arredor de 70 concellos galegos asistiron ao Encontro de política lingüística municipal, un encontro no que se alertou sobre o retroceso da normalización lingüística na Administración local durante os últimos anos.

Fonte: Galicia Hoxe

O conselleiro de Cultura e Educación entrega o Premio de Narrativa Breve Repsol ao escritor Marcos Calveiro

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, fixo entrega do IX Premio de Narrativa Breve Repsol ao escritor e avogado Marcos Calveiro, pola súa obra Fontán.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación apoia a celebración da oitava edición do Culturgal

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director da Agadic, Jacobo Sutil, participaron no acto de presentación da oitava edición de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia que se celebrará en Pontevedra os vindeiros 4, 5 e 6 de decembro.

Fonte: Xunta de Galicia

A Deputación da Coruña convoca subvencións para servizos de normalización lingüística

Estas subvencións están destinadas á creación, mantemento e reforzamento de servizos de normalización lingüística dos concellos da provincia da Coruña.

Fonte: CTNL

Xa está en marcha unha nova edición do proxecto de dinamización lingüística Club de Debate

Club de Debate é un proxecto colaborativo promovido por varios concellos galegos que ten como obxectivo a dinamización lingüística e cultural no ámbito educativo.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Un estudo sinala a falta de integración do galego nos servizos de atención ao consumidor

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) realizou un estudo no que se sinala a falta de integración do galego nos servizos de atención ao consumidor dos principais grupos de distribución de Galicia.

Fonte: 20minutos

Ponse en marcha unha campaña para pedirlle a Netflix que inclúa contidos en galego

Mediante a recollida de sinaturas a través de Change.org preténdese que Netflix España engada a opción de versión en galego nos filmes.

Fonte: Código Cero

O secretario xeral de Política Lingüística asiste en Bruxelas á conferencia de alto nivel sobre linguas minoritarias europeas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu en Bruxelas á Conferencia sobre Multilingüismo, Migración e Economía que organiza a Rede para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD).

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder