Galicia
A iniciativa LGx15 reúne en Santiago a un grupo de persoas para reflexionar sobre o futuro do galego
O pasado 25 de novembro a Sala Capitol de Santiago acolleu a iniciativa LGx15 na que Xosé Lois Vilar, Carmen Grimaldi, Manuel N. Singala, Lara Tigre, Xurxo Mariño e Luís Iglesia fixeron as súas reflexións sobre o galego.
Fonte: Sermos Galiza
O galego ocupa o posto 48 en Internet co 0,0095 % dos contidos publicados
A maior parte dos contidos en Internet está en inglés, concretamente o 54,5 %. Séguenlle, por esta orde, o ruso, con case o 6 %; o alemán, co 5,8 %; o xaponés, co 5 %; o español, co 4,8 %; o francés, co 4,1 %; o portugués, co 2,6 %; o chinés, co 2,2 %; o italiano, co 2,1 %; e o polaco, co 1,9 %.
Fonte: Galicia Confidencial
Institucións, asociacións a prol da lingua, partidos políticos e Administracións mostran o seu pesar pola morte de Neira Vilas
Neira Vilas foi considerado o escritor do pobo por obras mestras da literatura galega como Memorias dun neno labrego.
Fonte: Galicia Confidencial
O dominio para a lingua e a cultura galegas, o .gal, celebra o seu primeiro aniversario
O dominio .gal cumpre o seu primeiro aniversario con case 3000 nomes rexistrados e para celebralo participará un ano máis no Culturgal en Pontevedra.
Fonte: Asociación PuntoGal
Comeza en Pontevedra unha nova edición do Culturgal
Entre os días 4 e 6 de decembro celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra unha nova edición do Culturgal, a feira das industrias culturais galegas.
Fonte: Culturgal
O Concello de Zas organiza un concurso de panxoliñas co obxectivo de fomentar o uso do galego no Nadal
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Zas presenta o concurso PanxoliñaZAS, co obxectivo de promover o uso do galego nos espazos lúdicos e festivos propios do Nadal.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Os concellos de Ames, Santiago e Teo organizan un concurso de cartas de Nadal en galego
Os concellos de Santiago, Ames e Teo organizarán conxuntamente o concurso de Cartas de Nadal que ten como obxectivo animar os máis novos a escribiren en galego as cartas nas que pidan os seus agasallos nas próximas festas.
O novo libro do cociñeiro André Arzúa compila máis de medio cento de receitas en galego
O restaurante A Fábrica de Vilanova, en Allariz, foi o escenario da presentación do segundo libro do seu chef André Arzúa. Baixo o título André Arzúa – Cociña II compila algo máis de medio cento de receitas en galego do seu autor.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Vigo presenta o seu programa de actividades de promoción do galego para o Nadal
O programa “No Nadal… un conto” ten como obxectivo crear espazos de lecer en galego para o público familiar e infantil.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Real Academia Galega e a Deputación de Pontevedra colaborarán para promover a lingua e a cultura galegas
A Real Academia Galega e a Deputación de Pontevedra asinarán en 2016 un convenio para poñer en marcha un proxecto de fomento da lingua e a cultura galegas.
Fonte: Real Academia Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín