Galicia
CIG-Ensino denuncia que o decreto para o plurilingüismo supón a redución de clases en galego nos centros privados
Este sindicato argumenta que o decreto para o plurilingüismo vai en detrimento da presenza do galego, que se reduce a un terzo do horario.
Fonte: Galicia Confidencial
Un instituto de Vila de Cruces organiza un concurso para fomentar a moda en galego
O IES Marco do Camballón puxo en marcha o Concurso de Fotografía Boina de Ouro, que busca fomentar o uso da boina como accesorio de moda, vincular o galego ás últimas tendencias e promover o emprego desta lingua na comunicación social en rede.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Conmemórase en Ourense o Día da Galeguidade Empresarial
O presidente do Foro Peinador, organización impulsora do Día da Galeguidade empresarial, que este ano se celebrou no Salón de Plenos do Concello de Ourense, salientou os beneficios de facer negocio en galego e defendeu a rendibilidade económica desta lingua.
Fonte: La Voz de Galicia
Ciudadanos presenta unha moción para que o galego deixe de ser a lingua oficial no Concello de Ferrol
A representante deste partido no Concello ferrolán pide que se derrogue o artigo da ordenanza de normalización lingüística que proclama o galego como lingua oficial da institución.
Fonte: InfoLibre
Lugo acollerá un wikimaratón co gallo da celebración do Día da Ciencia en Galego
A segunda edición deste wikimaratón celebrarase o 7 de novembro, con motivo da celebración do Día da Ciencia en Galego.
Fonte: Código Cero
A Deputación de Pontevedra apoia a creación dun servizo de normalización lingüística común para O Morrazo
A Deputación de Pontevedra apoia a posta en marcha dun servizo de normalización lingüística común para os concellos da comarca do Morrazo.
Fonte: Noticieiro Galego
O certame Ouff-Escola consegue un récord de participación ao recibir 129 películas en lingua galega
Nesta edición o certame OUFF- Escola recibiu un total de 126 películas en lingua galega realizadas por estudantes.
Fonte: Faro de Vigo
Un simposio e un ciclo de conferencias e mesas redondas póñenlle o ramo á programación das Letras Galegas 2015
A Consellería de Cultura e Educación, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, a Fundación Barrié e a Deputación de Pontevedra promoven a iniciativa ‘Filgueira Valverde na cultura galega do século XX’, que se realizará os días 10, 11, 24, 26 e 27 de novembro na capital galega e nas cidades da Coruña e de Pontevedra.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Pontevedra organiza un programa de actividades para fomentar o galego na infancia
No marco do proxecto Apego, o Concello de Pontevedra presenta un programa de actividades para levar a cabo nos meses de outono de 2015.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Mesa pola Normalización Lingüística convoca o Premio Abertos ao Galego
Trátase da cuarta edición destes premios que recoñecen o labor de empresas que fan un uso cotián do galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín