Galicia

O Concello de Negreira pon en marcha tres iniciativas para promover o uso do galego

As iniciativas, que se desenvolverán no mes de outubro son: Avelaíños e Rebuldeiros (encontros dirixidos a familias con nenos/as de entre 0 e 6 anos), o Club de lectura en galego Barcala e o Curso de galego oral.

Fonte: Concello de Negreira

Valentín García inaugura as exposicións do Premio Proxecto Didáctico Antonio Fraguas

O Secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente do Padroado da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, Justo Beramendi, inauguraron as exposicións ‘Lavadores. Pasado e presente da nosa parroquia’ e ‘A paisaxe lendaria e toponímica do Concello de Silleda’.

Fonte: Xunta de Galicia

Claudio Otero presenta a obra sobre as fábricas de curtidoiros de Chantada galardoada co VII Certame Condado de Pallares

Claudio Otero Eiriz presentou o seu libro A Chantada fabril. Os curtidoiros do Asma na Idade Contemporánea, obra coa que gañou o Certame de Investigación Condado de Pallares.

Fonte: Xunta de Galicia

Nace Tanxente, unha revista dixital en lingua galega

Tanxente comezou a súa actividade este mes de setembro que busca situarse coma un punto de información sobre as últimas tendencias, exposicións, películas, deportes ou viaxes.

Fonte: Galicia Confidencial

Marcos Calveiro gaña o Premio de Narrativa Breve Repsol 2015, que convoca a Fundación Repsol co apoio de Cultura e Educación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer na Coruña o ditame do xurado da IX edición do Premio de Narrativa Breve Repsol, que recaeu no escritor Marcos S. Calveiro pola obra Fontán.

Fonte: Xunta de Galicia

O novo álbum de Astérix, que verá a luz en outubro, publicarase en lingua galega

A versión en galego de O papiro do César publicarase nunha coedición entre Salvat-Bruño e Edicións Xerais.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria resolve as axudas para a tradución do libro galego

Resolveuse a convocatoria de axudas para o libro galego, tanto no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego como á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Un empresario solicítalle ao Concello de Betanzos que lle envíe unha orde de derrubamento en castelán

O Concello de Betanzos envioulle ao empresario unha orde de derrubamento redactada en lingua galega. El rexeitouna e solicitou que lla remitisen en castelán alegando descoñecer certa terminoloxía.

Fonte: La Voz de Galicia

Máis de 400 auxiliares de conversa prestarán servizo este curso no sistema educativo galego

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, deulles a benvida a máis de 400 dos auxiliares de conversa de 14 nacionalidades que prestarán servizo este curso no sistema educativo galego.

Fonte: Xunta de Galicia

A Amtega pon á disposición da cidadanía o Dicionario da pronuncia da lingua galega no Repositorio de Software Libre da Xunta

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon a disposición da cidadanía no Repositorio de Software Libre da Xunta o Dicionario da pronuncia da lingua galega. Isto permitirá que calquera persoa usuaria interesada poida empregalo, modificalo e distribuílo libremente.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder