Galicia

Os concellos de Ames, Santiago e Teo organizan un concurso de cartas de Nadal en galego

Os concellos de Santiago, Ames e Teo organizarán conxuntamente o concurso de Cartas de Nadal que ten como obxectivo animar os máis novos a escribiren en galego as cartas nas que pidan os seus agasallos nas próximas festas.

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

O novo libro do cociñeiro André Arzúa compila máis de medio cento de receitas en galego

O restaurante A Fábrica de Vilanova, en Allariz, foi o escenario da presentación do segundo libro do seu chef André Arzúa. Baixo o título André Arzúa – Cociña II compila algo máis de medio cento de receitas en galego do seu autor.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Vigo presenta o seu programa de actividades de promoción do galego para o Nadal

O programa “No Nadal… un conto” ten como obxectivo crear espazos de lecer en galego para o público familiar e infantil.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Real Academia Galega e a Deputación de Pontevedra colaborarán para promover a lingua e a cultura galegas

A Real Academia Galega e a Deputación de Pontevedra asinarán en 2016 un convenio para poñer en marcha un proxecto de fomento da lingua e a cultura galegas.

Fonte: Real Academia Galega

A Universidade de Vigo acolle unhas xornadas sobre neurolingüística

O Grupo de Investigación de Lingua Española e Linguas Signadas, Griles, e o Máster Interuniversitario de Lingüística Aplicada, Mila, organizan as Xornadas Neurolingüísticas do 16 ao 18 de decembro e que continuarán no mes de febreiro.

Fonte: Universidade de Vigo

Cultura e Educación celebrará unha homenaxe a Neira Vilas co gallo dos 55 anos de ‘Memorias dun neno labrego’

Con motivo da celebración, o vindeiro día 5 de xaneiro, do 55 aniversario da primeira edición na Editorial Follas Novas de Bos Aires de Memorias dun neno labrego, o libro que para moitas e moitos rapaces galegos foi o mellor dos agasallos de Reis, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria impulsará ao longo do vindeiro mes de xaneiro varias xornadas cunha serie de actividades culturais arredor da vida e da obra de Xosé Neira Vilas.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta e o Consello da Cultura Galega celebran o 100 aniversario do nacemento dos intelectuais Ramón Piñeiro e Koldo Mitxelena

Pensadores, escritores e autoridades debaten en Santiago sobre estas dúas figuras das culturas galega e vasca.

Fonte: Xunta de Galicia

Denuncian a negativa de dous párrocos a oficiar unha misa en galego

A asociación A.C. Almuinha denunciou ante o arcebispado de Santiago de Compostela a negativa de dous párrocos de Marín a celebrar unha misa en galego.

Fonte: La Voz de Galicia

María del Mar Neira e Javier Gómez reciben en Guntín o premio do IX Certame de Investigación Condado de Pallares

Javier Gómez Vila e María del Mar Neira González recibiron o premio do IX Certame de Investigación Condado de Pallares pola obra A cultura castrexa e galaico romana no Condado de Pallares.

Fonte: Xunta de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística acode á Xuntanza de Forxadores que celebra a Fundación Paco Lareo-A Solaina de Piloño

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu á Xuntanza de Forxadores da Fundación Paco Lareo – A Solaina de Piloño.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder