Galicia

Un estudo sinala a falta de integración do galego nos servizos de atención ao consumidor

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) realizou un estudo no que se sinala a falta de integración do galego nos servizos de atención ao consumidor dos principais grupos de distribución de Galicia.

Fonte: 20minutos

Ponse en marcha unha campaña para pedirlle a Netflix que inclúa contidos en galego

Mediante a recollida de sinaturas a través de Change.org preténdese que Netflix España engada a opción de versión en galego nos filmes.

Fonte: Código Cero

O secretario xeral de Política Lingüística asiste en Bruxelas á conferencia de alto nivel sobre linguas minoritarias europeas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu en Bruxelas á Conferencia sobre Multilingüismo, Migración e Economía que organiza a Rede para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD).

Fonte: Xunta de Galicia

Preséntase un novo proxecto didáctico en galego destinado á educación infantil

A Mesa pola Normalización Lingüística presenta un novo proxecto didáctico en galego destinado á educación infantil: o libro ilustrado O abecedario.

Fonte: Galicia Confidencial

O Concello da Coruña aumentará os recursos para o servizo municipal de normalización lingüística

Entre as medidas de fomento do galego, o Concello triplicará o persoal e o orzamento para o servizo de normalización lingüística.

Fonte: Agencia Noticias

Convócase o XVI Premio Manuel Beiras que recoñece o compromiso coa normalización lingüística no sector empresarial

Este premio, que convoca o Concello de Santiago e a Cámara de Comercio compostelá, ten como obxectivo recoñecer publicamente o compromiso coa normalización lingüística no sector empresarial. Nel recóllense dúas categorías: unha para as empresas que veñen realizando un emprego continuado da lingua galega e outra para as que incorporaron recentemente o seu uso.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Ribeira pon en marcha un programa de dinamización lingüística para os meses de outono

O Concello de Ribeira porá en marcha estas actividades en colaboración coa área de Servizos Sociais e os centros educativos do municipio.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O grupo Bitraga da Universidade de Vigo presenta un volume no que trata a influencia da tradución na literatura galega

A monografía Literaturas extranjeras y desarrollo cultural. Hacia un cambio de paradigma en la traducción literaria gallega é unha obra colectiva que recompila dez traballos que analizan o fenómeno da tradución no ámbito literario.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Oito novos bolseiros incorpóranse como investigadores ao Centro Ramón Piñeiro

O secretario xeral de Política Lingüística visitou os oito novos bolseiros do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).

Fonte: Xunta de Galicia

As xornadas ‘Filgueira Valverde’ chegan á capital de Galicia para abordar o papel do intelectual en diversas institucións

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiu á programación que as xornadas ‘Filgueira Valverde na cultura galega do século XX’ desenvolveron na capital de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder