Galicia
Galicia recibe unha misión asiática con representantes de trece universidades para promover o turismo idiomático
O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, recibiu a misión asiática que visita Galicia nestes días no marco dos cursos internacionais que celebra a Universidade de Santiago de Compostela en colaboración con Turismo de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín García reúnese coa Asociación de Empresarios de Ferrolterra e Aenor para avanzar no plan de dinamización do galego
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo un encontro de traballo coa xunta directiva da Asociación de Empresarios de Ferrolterra e con membros da dirección de Aenor no marco do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015/2020 que está a elaborar a Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
A asociación de veciños Eduardo Pondal organiza faladoiros para perfeccionar o galego
Esta asociación pontevedresa organiza "Falamos galego!", unha iniciativa coa que se busca crear espazos para que a veciñanza practique galego coa axuda dun mestre que resolverá as dúbidas lingüísticas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Ministerio de Xustiza rexeita unha denuncia por estar en galego
O Ministerio de Xustiza rexeitou a queixa presentada en galego pola Marcha Mundial das Mulleres en relación co asasinato de Isabel Fuentes o 8 de maio de 2015 e ínstaa a que presente o escrito en castelán.
Fonte: Sermos Galiza
CIG-Ensino denuncia que o decreto para o plurilingüismo supón a redución de clases en galego nos centros privados
Este sindicato argumenta que o decreto para o plurilingüismo vai en detrimento da presenza do galego, que se reduce a un terzo do horario.
Fonte: Galicia Confidencial
Un instituto de Vila de Cruces organiza un concurso para fomentar a moda en galego
O IES Marco do Camballón puxo en marcha o Concurso de Fotografía Boina de Ouro, que busca fomentar o uso da boina como accesorio de moda, vincular o galego ás últimas tendencias e promover o emprego desta lingua na comunicación social en rede.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Conmemórase en Ourense o Día da Galeguidade Empresarial
O presidente do Foro Peinador, organización impulsora do Día da Galeguidade empresarial, que este ano se celebrou no Salón de Plenos do Concello de Ourense, salientou os beneficios de facer negocio en galego e defendeu a rendibilidade económica desta lingua.
Fonte: La Voz de Galicia
Ciudadanos presenta unha moción para que o galego deixe de ser a lingua oficial no Concello de Ferrol
A representante deste partido no Concello ferrolán pide que se derrogue o artigo da ordenanza de normalización lingüística que proclama o galego como lingua oficial da institución.
Fonte: InfoLibre
Lugo acollerá un wikimaratón co gallo da celebración do Día da Ciencia en Galego
A segunda edición deste wikimaratón celebrarase o 7 de novembro, con motivo da celebración do Día da Ciencia en Galego.
Fonte: Código Cero
A Deputación de Pontevedra apoia a creación dun servizo de normalización lingüística común para O Morrazo
A Deputación de Pontevedra apoia a posta en marcha dun servizo de normalización lingüística común para os concellos da comarca do Morrazo.
Fonte: Noticieiro Galego
Boletín
Subscríbase ao boletín