Galicia
O dominio para a lingua e a cultura galegas, o .gal, celebra o seu primeiro aniversario
O dominio .gal cumpre o seu primeiro aniversario con case 3000 nomes rexistrados e para celebralo participará un ano máis no Culturgal en Pontevedra.
Fonte: Asociación PuntoGal
Comeza en Pontevedra unha nova edición do Culturgal
Entre os días 4 e 6 de decembro celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra unha nova edición do Culturgal, a feira das industrias culturais galegas.
Fonte: Culturgal
O Concello de Zas organiza un concurso de panxoliñas co obxectivo de fomentar o uso do galego no Nadal
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Zas presenta o concurso PanxoliñaZAS, co obxectivo de promover o uso do galego nos espazos lúdicos e festivos propios do Nadal.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Os concellos de Ames, Santiago e Teo organizan un concurso de cartas de Nadal en galego
Os concellos de Santiago, Ames e Teo organizarán conxuntamente o concurso de Cartas de Nadal que ten como obxectivo animar os máis novos a escribiren en galego as cartas nas que pidan os seus agasallos nas próximas festas.
O novo libro do cociñeiro André Arzúa compila máis de medio cento de receitas en galego
O restaurante A Fábrica de Vilanova, en Allariz, foi o escenario da presentación do segundo libro do seu chef André Arzúa. Baixo o título André Arzúa – Cociña II compila algo máis de medio cento de receitas en galego do seu autor.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Vigo presenta o seu programa de actividades de promoción do galego para o Nadal
O programa “No Nadal… un conto” ten como obxectivo crear espazos de lecer en galego para o público familiar e infantil.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Real Academia Galega e a Deputación de Pontevedra colaborarán para promover a lingua e a cultura galegas
A Real Academia Galega e a Deputación de Pontevedra asinarán en 2016 un convenio para poñer en marcha un proxecto de fomento da lingua e a cultura galegas.
Fonte: Real Academia Galega
A Universidade de Vigo acolle unhas xornadas sobre neurolingüística
O Grupo de Investigación de Lingua Española e Linguas Signadas, Griles, e o Máster Interuniversitario de Lingüística Aplicada, Mila, organizan as Xornadas Neurolingüísticas do 16 ao 18 de decembro e que continuarán no mes de febreiro.
Fonte: Universidade de Vigo
Cultura e Educación celebrará unha homenaxe a Neira Vilas co gallo dos 55 anos de ‘Memorias dun neno labrego’
Con motivo da celebración, o vindeiro día 5 de xaneiro, do 55 aniversario da primeira edición na Editorial Follas Novas de Bos Aires de Memorias dun neno labrego, o libro que para moitas e moitos rapaces galegos foi o mellor dos agasallos de Reis, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria impulsará ao longo do vindeiro mes de xaneiro varias xornadas cunha serie de actividades culturais arredor da vida e da obra de Xosé Neira Vilas.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta e o Consello da Cultura Galega celebran o 100 aniversario do nacemento dos intelectuais Ramón Piñeiro e Koldo Mitxelena
Pensadores, escritores e autoridades debaten en Santiago sobre estas dúas figuras das culturas galega e vasca.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín