Galicia

A aplicación docente Moodle xa está dispoñible en galego nun 86 %

A tradución ao galego de Moodle, unha aplicación educativa e virtual de distribución libre dirixida ao profesorado, superou xa a taxa do 85 %, o que sitúa esta lingua na listaxe das trinta que pasaron a porcentaxe do 80 %.

Fonte: Código Cero

Acusan o Concello da Coruña de marxinar a lingua galega

A Mesa pola Normalización Lingüística e o Centro Social Gomes Gaioso criticaron o Goberno municipal por marxinar a lingua galega na documentación do Concello.

Fonte: La Opinión de A Coruña

Unha concentración no hórreo de Carnota tenta concienciar sobre a situación da lingua galega

A plataforma Queremos Galego organizou unha concentración no hórreo de Carnota co obxectivo de concienciar a poboación sobre a situación que atravesa a lingua galega.

Fonte: Galicia Hoxe

O Consello da Cultura Galega organiza, un ano máis, os Encontros para a Normalización Lingüística

A cita será os días 15 e 16 de outubro de 2015 na sede do Consello da Cultura Galega. Nesta edición atenderanse especialmente os distintos traballos de investigación sobre a xuventude e os seus comportamentos lingüísticos, a política lingüística no ámbito local e a transmisión lingüística.

Fonte: Consello da Cultura Gaega

A plataforma Prolingua denuncia que a lingua galega estivo excluída na celebración de Xunventude Galicia Net

Ao contrario de edicións anteriores, non foi posible inscribirse en galego, lingua que tamén estivo excluída da web e as redes sociais deste evento.

Fonte: Praza Pública

O Concello do Grove organiza un concurso de adhesivos para fomentar o uso do galego entre a mocidade

O concurso “Apégate ao Galego” busca promover o uso e as actitudes positivas cara ao galego entre a mocidade e está dirixido ao alumnado de primaria e ESO dos centros públicos do Grove.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Vimianzo inicia unha campaña para fomentar o uso do galego na hostalería

A campaña “A que sabe o galego en Vimianzo?” ten como finalidade promover o uso do galego no ámbito socioeconómico, principalmente nas actividades relacionadas coa gastronomía e a hostalería.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Cultura e Educación renova cinco dos lectorados da rede de centros de estudos galegos da Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concluíu a selección de cinco novas lectoras de lingua, literatura e cultura galegas que se incorporarán neste curso académico 2015-2016 ás universidades do País Vasco, de Oxford, de Birmingham, da Sorbona-Nova París III e Federal de Bahía.

Fonte: Xunta de Galicia

O Dicionario de Sinónimos do Galego, editado pola Universidade de Vigo, supera xa as 100 000 consultas

O Dicionario de Sinónimos do Galego, elaborado polos docentes Xosé Mª Gómez Clemente, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões, superou as 100 000 consultas en liña e o millar de descargas en Google Play.

Fonte: Universidade de Vigo

Os Premios da Cultura Galega recoñecen o labor da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística

Na modalidade de Lingua dos Premios da Cultura Galega 2015 o galardón é para a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, unha entidade creada en 2009 coa intención de coordinar actividades e experiencias e de servir de canle para as iniciativas, inquietudes e propostas relacionadas coa nosa lingua.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder