Galicia
Un empresario solicítalle ao Concello de Betanzos que lle envíe unha orde de derrubamento en castelán
O Concello de Betanzos envioulle ao empresario unha orde de derrubamento redactada en lingua galega. El rexeitouna e solicitou que lla remitisen en castelán alegando descoñecer certa terminoloxía.
Fonte: La Voz de Galicia
Máis de 400 auxiliares de conversa prestarán servizo este curso no sistema educativo galego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, deulles a benvida a máis de 400 dos auxiliares de conversa de 14 nacionalidades que prestarán servizo este curso no sistema educativo galego.
Fonte: Xunta de Galicia
A Amtega pon á disposición da cidadanía o Dicionario da pronuncia da lingua galega no Repositorio de Software Libre da Xunta

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon a disposición da cidadanía no Repositorio de Software Libre da Xunta o Dicionario da pronuncia da lingua galega. Isto permitirá que calquera persoa usuaria interesada poida empregalo, modificalo e distribuílo libremente.
Fonte: Xunta de Galicia
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística rexeita o Premio da Cultura Galega
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística rexeita o Premio da Cultura Galega 2015 na modalidade de Lingua por mostrarse contraria á política lingüística que leva a cabo a Xunta.
Fonte: Galicia Confidencial
Valentín García inaugura en Santiago o II Congreso Internacional da Rede de Lexicografía
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, inaugurou na Facultade de Filoloxía da universidade compostelá (USC) o II Congreso Internacional da Rede de Lexicografía (RELEX).
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Ames organiza o V Concurso Radiofónico de Teatro Lido Desata a Lingua!!
O V Concurso Radiofónico de Teatro Lido Desata a Lingua!!, dirixido ao alumnado de 2º ciclo da ESO e do Bacharelato, ten como obxectivo dinamizar o uso oral e escrito do galego entre a mocidade.
Fonte: Concello de Ames
O secretario xeral de Política Lingüística presenta 'Contos en rede', a nova actividade do programa FalaRedes 2015
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou na Cidade da Cultura a nova actividade en xira do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2015, que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levará por entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
A Deputación da Coruña organiza un programa de formación para promover a lingua galega
O programa para o fomento do galego da Deputación da Coruña está dirixido ao persoal da propia institución e ao dos concellos e entidades adheridas ao plan de formación.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Mesa pola Normalización Lingüística solicita medidas que garantan un galego de calidade na CRTVG
A Mesa pola Normalización Lingüística solicitou no Parlamento de Galicia que o mandato marco da CRTVG conteña medidas que garantan o emprego dun galego de calidade e unha programación que lle dea prestixio á lingua.
Fonte: Galicia Hoxe
A rede de centros plurilingües de Galicia contará este curso con seis novos membros
A rede de centros plurilingües de Galicia, posta en marcha pola Xunta en 2010 para mellorar a aprendizaxe de linguas estranxeiras, contará este curso con seis membros novos: Compañía de María e Valle Inclán I, en Ferrol; Jorge Juan e CEIP O Ramo, en Fene; Virxe da Cela, en Monfero; e Virxe do Mar, en Narón.
Fonte: La Voz de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín