Galicia

A Deputación da Coruña participará nun proxecto sobre diversidade lingüística no marco da iniciativa Donostia 2016

Co obxectivo de internacionalizar a lingua galega, a Deputación da Coruña, en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística, participará na iniciativa Tosta Cargo.

Fonte: ABC

A Universidade de Vigo amplía a súa oferta de cursos de linguas para o alumnado

O Centro de Linguas aposta, entre outras novidades, por cursos orientados ao mundo empresarial e laboral.

Fonte: Universidade de Vigo

A Garda Civil pide desculpas pola negativa dun axente a atender a un cidadán en galego

Un axente do posto de Gondomar (Pontevedra) negouse a atender a un cidadán en lingua galega, motivo polo cal a Garda Civil lle enviou unha carta de desculpa.

Fonte: Faro de Vigo

Increméntase en Galicia o número de centros plurilingües, que suman 275 en toda a comunidade

En total 36 centros adheríronse este curso á Rede de Centros Plurilingües, que chegan así ata os 275. Ademais, póñense en marcha 407 novas seccións bilingües, que alcanzan as 3630.

Fonte: Galicia Hoxe

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística lanza calendarios en galego para o novo curso

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística deseñou diferentes modelos en lingua galega do calendario escolar para o curso 2015-2016.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O BNG reclama un novo decreto para a normalización da lingua galega no ensino

O BNG insta a Xunta a acordar un novo decreto para a normalización do uso do galego no ensino e critica a eliminación do requisito de realizar unha das probas da función pública nesta lingua.

Fonte: El Correo Gallego

A EGAP convoca cursos de linguaxe xurídica e de linguaxe administrativa galega

O DOG publica tres convocatorias de cursos de linguaxes específicas para diferentes colectivos da Administración pública organizados pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Universidade de Santiago pon en marcha unha iniciativa para fomentar o uso do galego nos materiais docentes

O programa “Escolle en galego: pagarache máis a pena” ten como obxectivo impulsar o emprego do galego nos materiais docentes.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Pontevedra organiza un ano máis o Festival das Núbebes, con actividades de lecer en galego para bebés e familias

O III Festival das Núbebes. Artes escénicas para bebés e familia celebrarase en Pontevedra os días 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de setembro de 2015.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Galipedia alcanza os 125 000 artigos, co que o galego se converte na 45ª lingua con máis presenza na Wikipedia

A Galipedia, nos seus 12 anos de actividade, superou as 125 000 entradas, cifra que sitúa o proxecto no lugar 45 por número de artigos.

Fonte: Praza Pública

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder