Galicia
Arranca unha nova edición do programa de dinamización lingüística ‘O galego campa!’ nos campamentos de verán da Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia, por medio das consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais de Traballo e Benestar, vén de poñer en marcha a quinta edición do programa de dinamización lingüística ‘O galego campa!’.
Fonte: Xunta de Galicia
Oitenta estudantes rematan en Santiago e na Coruña os cursos universitarios de verán de galego para estranxeiros
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, clausurou a XXVIII edición dos cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”.
Fonte: Xunta de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística destaca a importancia da primeira misa en galego para o proceso de normalización
O sábado 25 de xullo, Día de Galicia, o Panteón de Galegos Ilustres acolle a Misa de Rosalía, en honor á poetisa compostelá, unha eucaristía que se celebra en galego desde 1965.
Fonte: Xunta de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística reclama un novo decreto do galego
A Mesa pola Normalización Lingüística considera que existen "dous obstáculos" ao acordo colectivo sobre a lingua galega: o decreto de plurilingüismo e a reforma da Lei de función pública.
Fonte: Galicia Hoxe
O grupo de música antiga Martín Códax ofrece un concerto sobre textos galegos medievais promovido por Cultura e Educación
O grupo de música antiga Martín Códax propón un percorrido pola literatura galega medieval cun concerto na igrexa de San Domingos de Bonaval.
Fonte: Xunta de Galicia
A Universidade de Santiago acolle o III Congreso Internacional de Lingüística Histórica
Do 27 ao 30 de xullo celébrase na capital de Galicia o III Congreso Internacional de Lingüística Histórica, no que se dan cita máis de 400 investigadores de distintos ámbitos da lingüística portuguesa e galega.
Denuncian un caso de discriminación lingüística a unha nena nun campamento de verán
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou este caso de discriminación por falar en galego a unha nena de 10 anos nun campamento de hípica e impulsou unha concentración de protesta en Arteixo.
Fonte: Galicia Hoxe
Homenaxean a Ramón Lorenzo e Antón Santamarina pola súa defensa e promoción do galego
Ramón Lorenzo e Antón Santamarina, dous dos fundadores do Instituto da Lingua Galega, foron homenaxeados no marco do III Congreso Internacional de Lingüística Histórica.
Resólvese o III Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego
A tenda de zapatos compostelá Moskín foi a gañadora do concurso cunha campaña deseñada por Tino Barreiro na que se mesturan as palabras e os zapatos. O premio de 5000 euros servirá para pór en marcha o proxecto gañador.
Un total de 96 concellos beneficiarase das subvencións para levar a cabo accións de promoción de uso da lingua galega

Un total de 96 concellos de Galicia beneficiarase das subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para levar a cabo accións de promoción do uso da lingua galega no ámbito local. A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 23 de xullo de 2015 pola que se conceden axudas ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín